Excusatio non petita, accusatio manifesta

Locución latina medieval

Excusatio non petita, accusatio manifesta é unha locución latina de orixe medieval,[1] usada como aforismo,[2] sentenza ou frase lapidaria.

Podería traducirse como «desculpa non pedida, culpa manifesta»,[3][4] sinalando que quen se escusa por unha falta sen que ninguén llo pedise está a sinalarse como autor da falta.

Unha expresión similar é usada por Xerome de Estridón na súa cuarta epístola, cando di dum excusare credis, accusas («mentres pensas que escusas, acusas»).

Notas editar

  1. Giangrande, Antonio (2015). GOVERNOPOLI. L'ITALIA DEL MALGOVERNO. SECONDA PARTE: DEMOCRAZIA INESISTENTE E MALGOVERNO COME ESEMPIO DI MORALITA (Kindle) (en italiano). Edición: L'Italia del Trucco, l'Italia che siamo. ASIN B00ZAR3SDY. 
  2. "Excusatio non petita, accusatio manifesta". enciclopedia-juridica.com (en castelán). 2020. Consultado o 30-3-2020. 
  3. "FRASE: “Excusatio non petita, accusatio manifesta"". lavozdelderecho.com (en castelán). 5-1-2018. Arquivado dende o orixinal o 09-05-2020. Consultado o 30-3-2020. 
  4. Cantera Ortiz de Urbina, Jesús (2005). Diccionario Akal del Refranero Latino (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-1296-2.