Exaculación precoz

Unha exaculación precoz ocorre cando un home experimenta un orgasmo e exacula o seme pouco despois da actividade sexual e cunha mínima estimulación do pene. Non existe unha definición uniforme do que se entende por "precoz", mais un grupo de expertos da International Society for Sexual Medicine estabeleceron unha defición segundo a cal é unha "exaculación que sempre ou case sempre ocorre antes ou arredor dun minuto".[1] A Clasificación Internacional de Doenzas (ICD-10) estabelece un período de 15 segundos dende o comezo do acto sexual.[2] Existen autores que suxiren que a exaculación precoz é unha adaptación evolutiva.[3]

Exaculación precoz
Clasificación e recursos externos
ICD-10F52.4
ICD-9302.75
MedlinePlus001524
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Malia que os homes con exaculación precoz describen sentir que teñen falta de control sobre a exaculación, non está claro se iso é certo, e moitos homes declaran que lles gustaría poder durar máis tempo. O tempo de latencia da exaculación é de entre 4 e 8 minutos. A condición oposta é a exaculación retardada.[4]

Notas editar

  1. Sharlip, I. D., Hellstrom, W. J., & Broderick, G. A. (2008). The ISSM definition of premature ejaculation: A contemporary, evidence-based definition. Journal of Urology, 179(suppl), 340, abstract 988.
  2. Althof, S. E. (2007). Treatment of rapid ejaculation: Psychotherapy, pharmacotherapy, and combined therapy (pp. 212–240). In S. R. Leiblum (Ed.), Principles and practice of sex therapy (4th ed.). NY: Guilford.
  3. Hong, Lawrence K. (2010). "Survival of the fastest: On the origin of premature ejaculation". The Journal of Sex Research 20 (2): 109–122. ISSN 0022-4499. doi:10.1080/00224498409551212. 
  4. Jern Patrick; et al. (2007). "Premature and delayed ejaculation: Genetic and environmental effects in a population‐based sample of Finnish twins". The journal of sexual medicine 4 (6): 1739–1749. doi:10.1111/j.1743-6109.2007.00599.x. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar