Evaristo Rodríguez Rodríguez
médico e político galego
Evaristo Rodríguez Rodríguez, finado en Monforte de Lemos en marzo de 1921, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | marzo de 1921 Monforte de Lemos, España |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
1910 – 1918 – Emiliano Pérez Pérez → | |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
1909 – 1909 – Tomás Somoza Caamaño → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMédico cirurxián especialista en xinecoloxía e obstetricia, discípulo de Maximino Teijeiro Fernández. En 1886 foi nomeado médico do cárcere do partido xudicial de Monforte e médico auxiliar da Compañía do Ferrocarril. Apoiado por Guillermo de Osma Scull, foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en xuño de 1909,[1] tomando posesión a principios de xullo.[2] Foi separado do cargo por Real Orde en novembro dese ano, nomeando para substituílo a Tomás Somoza Caamaño.[3] Volveu ser elixido alcalde ao ano seguinte, tomando posesión o 9 de abril de 1910.[4] Permaneceu no cargo até 1918. Finou en Monforte de Lemos en marzo de 1921.[5]
Predecesor: Ramón Sánchez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1909 |
Sucesor: Tomás Somoza Caamaño |
Predecesor: Javier Rodríguez Sánchez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1910 - 1918 |
Sucesor: Emiliano Pérez Pérez |