Tomás Somoza Caamaño
comerciante e político galego
Tomás Somoza Caamaño, finado en Monforte de Lemos en abril de 1913, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | abril de 1913 Monforte de Lemos, España |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Traxectoria editar
Membro do Partido Liberal, do que foi secretario do comité de Monforte en 1887,[1] foi depositario de fondos municipais e recadador de Monforte de Lemos.[2] En 1890 foi alcalde de Monforte de Lemos.[3] Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en novembro de 1909,[4] cesando no cargo en xaneiro do ano seguinte. Finou en Monforte de Lemos en abril de 1913.[5]
Predecesor: Manuel Arias Rodríguez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1890 |
Sucesor: Demetrio Fernández Franjo |
Predecesor: Evaristo Rodríguez Rodríguez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1909 - 1910 |
Sucesor: Javier Rodríguez Sánchez |
Vida persoal editar
Casou con Josefa Rodríguez Saavedra, que finou en 1895.[6]