Eva Méndez doRoxo

escritora galega


Eva Méndez Díaz, coñecida como Eva Méndez doRoxo, nada en Barcelona en 1978, é unha escritora en linguas galega e catalá.

Infotaula de personaEva Méndez doRoxo
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É filla de emigrantes galegos de Navia de Suarna. É economista, pola Universidade de Barcelona, especializada en construción. Traballou nunha promotora en Barcelona.[1]

É unha artista multidisciplinar, autodidacta e con formación específica en Enquadernació pola Escola Massana e tamén cursou estudos artísticos na Llotja. Amais formouse e colaborou con varios artistas en Cataluña e Galiza.

Formou parte da compañía teatral Furafollas Agrupación Teatral, que fai montaxes teatrais en galego e catalán dende 1994 por toda Cataluña.

Participou na Setmana de Poesía de Barcelona con dous espectáculos poéticos na Galería La Xina Art.

Actualmente reside na Galiza.

Obra editar

  • Embernallúas (Editorial Urutau 2019)
  • As sete idades. Incomunidade (Portugal, 2008)
  • Éroticas e Trazos de Muller (libro de artista de gravados e poemas)

Obras colectivas editar

  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015), libro electrónico.
  • Dez anos na Porta (Porta Verde)
  • Munditações (Incomunidade)
  • Manuel María. Libro Colectivo de Homenaxe (Deputación de Lugo, 2017)

Notas editar

  1. Perfil da autora, na páxina do IV certame de poesía erótica Illas Sisargas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar