Eusebio Valdés Pastor

avogado e político español

Eusebio Valdés Pastor, nado en Castrogonzalo (provincia de Zamora) en 1919 finado en Madrid o 13 de novembro de 2007, foi un avogado e político galego.

Eusebio Valdés Pastor
Nacemento1919
Lugar de nacementoCastrogonzalo
Falecemento13 de novembro de 2007
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun garda civil, chegou a Viveiro na infancia co traslado do seu pai. Tenente mutilado da División Azul, foi xefe da Falange de Viveiro.[1] Foi nomeado alcalde de Viveiro o 29 de marzo de 1943, permanecendo no cargo atá o 22 de decembro de 1950. Foi elixido procurador en Cortes como representante dos concellos de Lugo en maio de 1946, permanecendo no cargo até abril de 1952. Finou en Madrid o 13 de novembro de 2007.[2]

Vida persoal editar

Casou en Viveiro con Laura Moreiras Mendizabal en 1943,[3] e foi pai de José Javier Valdés Moreiras.

Notas editar

  1. El Progreso, 14-2-1943, p. 3.
  2. "Falleció Eusebio Pastor, alcalde de Viveiro tras la guerra". La Voz de Galicia (en castelán). 14/11/2007. 
  3. El Progreso, 3-7-1943, p. 2.
Predecesor:
Francisco Aparicio García
  
Alcalde de Viveiro
 
1943 - 1950
Sucesor:
Alberto Michelena Rebellón