Eurístenes
Na mitoloxía grega, Eurístenes (en grego antigo Εὐρυσθένης), fillo de Aristodemo e de Arxia, é o irmán xemelgo de Procles e un dos Heráclidas.
Tras a reconquista do Peloponeso polos Heráclidas, de resultas dun oráculo da Pitia, recibe xunto co seu irmán o territorio de Esparta. É pai de Axis I (concibido de Anaxandra), fundador da dinastía real dos Axíadas, unha das dúas que reinaron simultaneamente en Esparta.
FontesEditar
- Pseudo-Apolodoro: Biblioteca II, 8;
- Heródoto: Historias IV, 147; VI, 51–52; VII, 204);
- Pausanias: Descrición de Grecia III, 1–2.
Esparta | ||
---|---|---|
Segue a: |
Eurístenes (?--930)
|
Precede a: Axis I |
Axíadas |