Eumelo de Corinto

poeta grego

Eumelo de Corinto (grego antigo: Εὔμελος ὁ Κορίνθιος, Éumelos ho Korínthios), fillo de Anfílito, foi un poeta épico grego de Corinto. Membro da familia real dos Baquíadas, viviu a mediados do século -VIII[1].

Eumelo de Corinto
Nacementomilenio a. C.xuliano
Lugar de nacementoCorinto
Falecementovalor descoñecido
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Atribúenlle, co nome de Corinthiaca, unha epopea histórica en honra da súa cidade no que outorgou un pasado lendario a Corinto que fixese esquecer o seu sometemento a Argos durante a época micénica[2]. Tamén é autor de Europia, outro poema épico do mesmo xénero. Tamén lle atribúen Bugonia, ao que se refire Marco Terencio Varrón, cuxo tema se descoñece[3]. Tamén compuxo unha Titanomaquia e un poema titulado Regresos.

Por último, é coñecido por ser o autor dun canto prosódico (procesional) en honra de Apolo da delegación que os mesenios enviaron a Delos, en tempos do seu rei Fintas, do que subsisten dous hexámetros:[4]

«pois ao Itomata lle foi agradábel a musa, a que puras e libres sandalias ten».

[5]

Hai obras sobre a historia de Corinto que lle atribuíron e non son súas[6].

Notas Editar

  1. Pausanias, Descripción de Grecia, II, 1,1.
  2. Dunbabin, T. J. (1948). "The Early History of Corinth". Journal of Hellenic Studies (en inglés): 68. 
  3. Marco Terencio Varrón, De re rustica, II, 5.
  4. Pausanias, op. cit., IV, 4, 1.
  5. Pausanias, op. cit., IV, 33, 2.
  6. Korinthiaka, recherches sur l'histoire et la civilisation de corinthe, des origines aux guerres médiques. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • West, Martin Litchfield (2002). «Eumelos: A Corinthian Epic Cycle?». "Eumelos: A Corinthian Epic Cycle?" (122).  () (Londres) (122): 109-133. 

Ligazóns externas Editar