Eugenio Driutti

gravador e deseñador de moeda italiano

Eugenio Driutti, nado en Tarcento, provincia de Udine, o 14 de xaneiro de 1949, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Infotaula de personaEugenio Driutti
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Tarcento, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Eugenio Driutti estudou medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, onde ingresou no curso 1971-1972. Alí formouse con mestres como Pietro Giampaoli e pasou a formar parte da chamada escola friulana de medallistas.[1]

Logo da súa formación en Roma ingresou nun taller en Udine, onde se instruíu nas artes do gravado con cicel, ata que en 1981 se incorporou ao cadro de gravadores da ceca pública italiana.[1]

Obra editar

 
Reverso da moeda de 200 liras de 1992, conmemorativa da Exposición Filatélica Xénova 92.

Eugenio Drutti é autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.[1][2]

Entre os seus traballos máis salientables están, entre outros, o anverso da moeda dun céntimo de euro de Italia[3] e os reversos das moedas de 200 liras de 1990 e de 1992, conmemorativas do Consello de Estado italiano e da Exposición Filatélica Xénova 92, respectivamente.[4][5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar