Os etioplastos poden considerarse cloroplastos que non foron expostos á luz. Os proplastidios (plastos xuvenís indiferenciados) mantidos na escuridade orixinan etioplastos, igual que os cloroplastos xa diferenciados que se manteñen na escuridade.

Diferentes tipos de plastos

Atópanse xeralmente en plantas con flor (Anxiospermas) que crecen na escuridade durante un tempo. Se a planta se mantén lonxe da exposición á luz durante varios días, os seus cloroplastos normais convértense en etioplastos. Os etioplastos carecen de pigmentos activos polo que non son coloreados e tecnicamente poderían considerarse leucoplastos. Altas concentracións de etioplastos nunha planta causan que as súas follas perdan a cor verde.[1] Os etioplastos conteñen corpos prolamelares, que son agregados membranososo de redes semicristalinas de túbulos ramificados que conteñen o pigmento precursor da clorofila. Os corpos prolamelares aparecen con gran frecuencia dispostos formando patróns xeométricos.[1]

Os etioplastos convértense en cloroplastos por medio da estimulación da síntese de clorofila por parte da hormona vexetal citoquinina pouco despois de seren expostos á luz. Os tilacoides e a grana desenvólvense a partir dos corpos prolamelares durante este proceso.

Véxase tamén

editar
  1. 1,0 1,1 Wise, Robert (2007). "1". The Diversity of Plastid Form and Function. Springer.