Eleoplasto

Os eleoplastos ou oleoplastos (de ἔλαιον élaion 'aceite', e πλαστός plastós 'forma') son un tipo de plastos especializado no almacenamento de lípidos nas plantas, comúns en hepáticas e monocotiledóneas. Os eleoplastos almacenan os seus depósitos de lípidos en forma de plastoglóbulos arredondados, que son esencialmente pingas de lípidos.[1]

Diferenciación dos plastos.

Como carecen de pigmentos activos os eleoplastos deben clasificarse como leucoplastos, xunto cos amiloplastos e proteinoplastos.

NotasEditar

  1. Wise, Robert (2007). "1". The Diversity of Plastid Form and Function. Springer. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar