Os estudios Garate son uns estudios de gravación fundados por Kaki Arkarazo, o que fora guitarrista de M-ak, Kortatu, Negu Gorriak ou Nación Reixa. Atópase nun antigo casarío no concello de Andoain (Guipúscoa, País Vasco). O estudio consta de dous estudios de gravación e un equipo móbil para gravacións en directo.

No estudio traballan, alén do propio Kaki, Mikel Abrego e Haritz Harreguy como músicos, produtores e técnicos de son e Izaskun Silva como relacións públicas.

Polos estudios pasaron grupos e músicos como Chucho, ADN, Fermin Muguruza, Vetusta Morla, Dixebra, Kashbad, Anari, Amparanoia, Betagarri, Banda Bassotti, Atom Rhumba, Los Deltonos, Habeas Corpus, Eraso!, Soziedad Alkoholika, Sagarroi, Skalariak, Berri Txarrak, Kaótiko, Kuraia, Miqui Puig, Manta Ray, Cultura Probase, La Maravillosa Orquesta del Alcohol, O sonoro maxín ou NAO.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar