Estatuto de autonomía da Lombardía

O Estatuto de autonomía da Lombardía (en italiano Statuto d'autonomia della Lombardia, en lombardo Statuu d'autonomia de la Lombardia) é a lei fundamental da rexión da Lombardía. O texto actual (lei estatutaria do 30 de agosto de 2008, número 1) foi publicado no boletín oficial da rexión o 31 de agosto de 2008 e entrou en vigor o día seguinte.

Bandeira da Lombardía.

División editar

O estatuto consta de sesenta e cinco artigos distribuídos en nove títulos:

  1. Principios xerais
  2. Órganos da rexión
  3. Actividade normativa da rexión
  4. Administración rexional
  5. Participación popular
  6. Finanzas e programación da rexión
  7. Órganos de garantía
  8. Aprobación e revisión do estatuto
  9. Disposición final

O título VIII (Aprobación e revisión do estatuto) no seu artigo 64 (Procedemento de aprobación do estatuto) establece o procedemento para a aprobación e a revisión da Carta, segundo a lei rexional, de acordo co artigo 123 da Constitución italiana.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar