Estatólito (zooloxía)
Nos invertebrados, especialmente nos acuáticos, os estatólitos son estruturas calcarias que se encontran dentro dos estatocistos, que son os órganos do equilibrio destes animais. como os bivalvos,[1] os cnidarios,[2] os equinodermos,[3] os cefalópodos[4] e os crustáceos.[5]
Función
editarEstas pequenas estruturas, cando se moven por efecto da gravidade ou polo movemento propio do animal, pousan sobre o epitelio ciliado do estatocisto, o cal, mediante conexións nerviosas, manda a información ao centro elaborador das sensacións informando sobre a posición na que se encontra.[6]
O seu equivalente nos vertebrados son os otólitos, situados no oído interno, polo que neles fálase dun sistema estato-acústico.
O funcionamento dos estatólitos é moi elemental: cando o animal xira ou cando cambia a súa orientación, a forza gravitatoria actúa sobre o estatólito, que se despraza por gravidade e fai que toque e estimule algunhas células sensoriais das moitas que tapizan a superficie interna do estatocisto. Entón a célula estimulada produce unha resposta e así o animal mantense informado da súa posición e da súa orientación en relación á anterior.[6]
Os estatocistos están presentes principalmente en animais depredadores, nadadores libres e escavadores, pero non se encontra na maioría dos animais parasitos, nos moi pequenos, nos sésiles ou nos intersticiais.[6]
Notas
editar- ↑ Morton, B. (2009): "Statocyst structure in the Anomalodesmata (Bivalvia)". Journal of Zoology 206: 23–34.
- ↑ Spangenberg, D. B. (1986): "Statolith formation in Cnidaria: effects of cadmium on Aurelia statoliths". Scanning Electron Microscopy (4): 1609–1618.
- ↑ Ehlers, U. (1997): "Ultrastructure of the statocysts in the apodous sea cucumber Leptosynapta inhaerens (Holothuroidea, Echinodermata)". Acta Zoologica 78: 61–68.
- ↑ Clarke, M. R. (2009): "The cephalopod statolithan—introduction to its form". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 58 (3): 701–712.
- ↑ Cohen, M. J. (1960): "The response patterns of single receptors in the crustacean statocyst". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 152 (946): 30–49.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Franciele Charro: "Estruturas sensoriais nos Invertebrados" en InfoEscola (en portugués).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2003): Invertebrates. 2nd edition. Sunderland, Massachussetts, USA: Sinauer Associeates, Inc. ISBN 978-0-8789-3097-3.
- Moore, J. (2006): A introduction to the invertebrates. 2nd edition. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-67406-5.