Estadio Nuevo Mirador
O Estadio Nuevo Mirador é un estadio de fútbol da cidade de Alxeciras (Cádiz), España, de propiedade municipal.
Estadio Nuevo Mirador | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 36°09′48″N 5°27′55″O / 36.16333333, -5.46527778 |
Localización | Alxeciras, Cádiz España |
Construción | |
Inauguración | 1999 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 7.500 |
Propietario | Concello de Alxeciras |
Operadora | Algeciras CF |
Localía | Algeciras Club de Fútbol |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nel xóganse os partidos o equipo da cidade, o Algeciras Club de Fútbol. O estadio con capacidade para 7.500 espectadores é un moderno complexo deportivo onde se atopan tamén as oficinas do club.
Historia
editarO estadio créase en substitución do antigo estadio, chamado Estadio El Mirador, situado na famosa "Cuesta del Rayo" alxecireña.
O Nuevo Mirador inaugurouse no ano 1999 no Polígono Industrial de La Menacha. Un equipo de Primeira División inaugurou o estadio fronte ao Algeciras CF: o Real Betis Balompié, sendo vencedor o equipo sevillano por 0-1, con gol de Benjamin Zarandona cun disparo desde o centro do campo.