Estadio Municipal San Paio de Refoxos

recinto polideportivo en Cee

Coordenadas: 42°58′02″N 9°11′07″O / 42.967333333333, -9.1852777777778

O Estadio Municipal de San Paio de Refoxos, anteriormente coñecido como Novo Raíces, é unha instalación polideportiva situada en Xallas (Cee). O seu propietario é o Concello de Cee e nel xoga os seus partidos como local a Unión Club Cee.

Estadio Municipal de San Paio de Refoxos (Novo Raíces)
Datos
LocalizaciónNovo Cemiterio Municipal - Xallas 15270 Cee
Construción
Inauguracióndécada de 1990
Estadio
Superficieherba artificial
Capacidade500
PropietarioConcello de Cee
LocalíaUnión Club Cee
Eventos
Copa da Costa

Datos técnicos editar

Campo de fútbol oficial Campo de fútbol de adestramento
  • Dimensións: 55.7 × 46 metros.
  • Superficie mestura de area/barro
Pista de atletismo Zona salto de lonxitude e triplo salto
  • Corda de 400 metros.
  • Superficie mestura de area/lama.
  • Superficie de tartán.
  • Pista de 4 rúas e de 6 rúas na recta.
  • Espazos pendentes de habilitar: saltos, lanzamentos, ...
  • Corredor carreira: 1,17 m largo e 45 m longo.
  • Foso (area): 3 m largo e 10 m longo.
Vestiarios Outros servizos
  • 4 vestiarios con capacidade para 70 persoas.
  • 2 vestiarios para o equipo arbitral.
  • Cada un conta cun servizo, luz e auga quente.
  • Iluminación eléctrica.
  • Bancada cuberta (capacidade aproximada: 500 localidades).
  • 2 servizos públicos.
  • Caldeira exterior
  • Equipo de megafonía.
  • 3 almacéns de material deportivo e lavandería.
  • Sala de cadro de luces e controis de caldeira.
  • Cantina.
  • Aparcadoiro exterior.

Historia editar

Foi inaugurado na década de 1990 co nome de Novo Raíces en alusión á historia da Unión Club Cee. Porén, a finais de 2009, aproveitando o cambio da superficie do terreo de xogo de herba natural a artificial, o alcalde Ramón Vigo Sambade decidiu mudar o nome da instalación argumentando que o nome na nova localización carecía de sentido e que por outra banda o lugar Sampaio de Refoxo merecía un recoñecemento xa que foran os seus veciños os que cederan os terreos para a construción do novo campo[1].

En marzo de 2017 a Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social, financiou con 60.034 euros as obras de retirada das cubertas, danadas pola acción climatolóxica, e a construción dunha nova bancada en formigón prefabricado de tres fileiras con cuberta de chapa. Estes traballos inclúen a impermeabilización do pavimento da vella bancada para illar os vestiarios -situados baixo dela- dos efectos da humidade e a substitución dos portóns de acceso por uns de chapa perforada[2].

Notas editar

  1. Guillermo Parga. Depor Sport (26 de novembro de 2009). "Novo Raíces será Sampaio de Refoxo". Archived from the original on 26 de abril de 2016. Consultado o 13-04-2016. 
  2. "O Campo de San Paio de Refoxos terá unha nova grada". Que pasa na costa. 2017-03-02. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Ficha do Estadio Municipal de San Paio de Refoxos na web oficial do Concello de Cee