Estadio Alfredo di Stéfano
(Redirección desde «Estadio Alfredo Di Stéfano»)
O Estadio Alfredo di Stéfano é un estadio de fútbol, situado na cidade de Madrid, en España. Adopta este nome en homenaxe a Alfredo di Stéfano, xogador do Real Madrid nos anos 1950 e 1960, e considerado un dos mellores xogadores da historia do fútbol mundial.
Estadio Alfredo di Stéfano | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Epónimo | Alfredo Di Stéfano ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Real Madrid CF ![]() | |||
Ocupante | Real Madrid Castilla e Real Madrid ![]() | |||
Propietario/a | Real Madrid | |||
Arquitecto/a | Antonio Lamela (pt) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 9 de maio de 2006 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 7.624 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Madrid, España | |||
[ Wikidata ] |
O estadio sitúase na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, entre o recinto feiral de IFEMA e o aeroporto de Madrid-Barajas. O encontro inaugural disputouse ante o Stade de Reims nun partido que culminou con vitoria madridista por 6-1. O defensa madridista Sergio Ramos tivo a honra de marcar o primeiro gol.
Este recinto é a sede de todos os partidos oficiais do primeiro filial madridista, o Real Madrid Castilla.
Datos de interese
editar- Capacidade: 7.000 espectadores, cifra que ascenderá ata as 25.000 localidades cando culmine a cuarta fase.
- Zona de prensa: conta con 2 sets de televisión, 4 cabinas para comentaristas e 10 cabinas de radio. Ademais hai 28 postos de prensa escrita e 32 de comentarista.
- Tecnoloxía: Ten as súas propias UCI (Unidade de Control de Instalacións) e UCO (Unidade de Control Organizativo). Ademais, a produción de auga quente obtense por medio de paneis termosolares situados na cuberta do edificio e conta con calefacción propia no terreo de xogo. Acceso para discapacitados.
- Estacionamento: Dispón de amplos aparcadoiros, con capacidade para máis de 800 vehículos, ademais dun aparcadoiro propio para autobuses e outro independente destinado para a afección visitante con capacidade para máis de 10 autobuses.
- Transporte máis próximo: Metro: Campo de las Naciones. Autobús: 112, 122.