Alfredo Di Stéfano

futbolista español
(Redirección desde «Alfredo di Stéfano»)

Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1926 e finado en Madrid o 7 de xullo de 2014, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino de orixe italiana. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coas seleccións de Arxentina, Colombia e España.

Alfredo Di Stéfano
Di Stéfano en 1947.
Información persoal
Nome Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé
Nacemento 4 de xullo de 1926
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 7 de xullo de 2014
Lugar de falecemento Madrid
Altura 1,78 m
Posición Centrocampista / Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945–1949 River Plate 95 (79)
1946Huracán (cedido) 55 (40)
1949–1953 Millonarios 131 (120)
1953–1964 Real Madrid 302 (246)
1964–1966 Espanyol 77 (41)
Total 660 (526)
Selección nacional
1947 Arxentina 6 (0)
1949 Colombia 4 (0)
1957–1961 España 31 (23)
Adestrador
1967 Elche
1969–1970 Boca Juniors
1970–1974 Valencia
1974 Sporting de Lisboa
1975–1976 Rayo Vallecano
1976–1977 Castellón
1979–1980 Valencia
1981–1982 River Plate
1982–1984 Real Madrid
1985 Boca Juniors
1986–1988 Valencia
1990–1991 Real Madrid
Na rede
IMDB: nm0224349 FIFA: 174499 UEFA: 38151 WikiTree: Di_Stefano-324 Find a Grave: 132484376 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Coñecido coma La saeta rubia, é xunto con Maradona o mellor futbolista arxentino da historia, e ademais un dos catro grandes de tódolos tempos, xunto con Pelé, Cruyff e o propio Maradona.[Cómpre referencia].

Carreira deportiva editar

Comezos na Arxentina editar

Alfredo di Stéfano disputou o seu primeiro encontro co River Plate o 11 de xullo de 1945 fronte ó Huracán. Ao longo daquela tempada esta sería a súa única aparición nos terreos de xogo profesionais.

Ao ano seguinte é cedido ó propio Huracán, onde comeza a despuntar, xogando 25 encontros e anotando 10 goles. Dado o seu rendemento quixeron contar co xogador en traspaso mais o River Plate pedía unha cantidade desorbitada e o Huracán non puido merca-lo xogador.

Volta a River en 1947 e xunta Hugo Reyes, José Manuel Moreno, Angel Labruna e Félix Loustau forman a dianteira coñecida coma A Máquina. Alzaríanse co campionato arxentino ese ano e Di Stéfano remata coma máximo anotador con 27 goles en 30 encontros. Ese mesmo ano debuta coa Selección Arxentina, participando na Copa América de Fútbol na que saíron vencedores. Di Stéfano anotou 6 goles en 6 encontros.

Colombia editar

En 1949 comezou unha folga de futbolistas e Di Stéfano marchou ao fútbol colombiano, que daquela contaba cunha das mellores ligas de Suramérica Fichou polo Millonarios de Bogotá, onde se xuntou con figuras coma Pedernera, Rossi, Báez e Cozzi. Esta escuadra tiña o alcume "O Ballet Azul" debido ao seu formidable xogo. Mentres Di Stéfano estivo no club, foi catro veces campión de Colombia e o propio Alfredo dúas veces máximo anotador do torneo.

En 1952 o Millonarios foi invitado, xunta o Norrköping sueco, para xoga-lo torneo de celebración dos 50 anos do Real Madrid. A escuadra colombiana fíxose con trofeo, e o presidente do club madrileño, Santiago Bernabéu, ficou abraiado polo xogo de Di Stéfano.

Barcelona e Real Madrid editar

No ano 1953 Di Stéfano chega a un acordo co FC Barcelona para fichar polo club catalán. O River Plate, que era quen tiña os seus dereitos, traspásaos ó Barcelona coa autorización da FIFA. Mais a federación española non deu a súa conformidade. O 13 de maio de 1953 chega a Barcelona para asina-lo contrato, mais debido ós atrancos postos pola federación, Santiago Bernabéu conseguiu tempo para falar con el, e convencelo de racha-lo acordo que tiña co FC Barcelona e fichar polo Real Madrid. No Barça crían que o goberno metera presión para que finalmente Di Stéfano fichase polo Real Madrid, e cando caeron na conta de que non podían quedar co xogador tentaron traspasalo ao Torino FC, mais nunca se chegou a concretar esta operación.

O 15 de setembro a federación española emitiu un comunicado no que autorizaba a Di Stéfano a xogar catro tempadas na Liga española, dúas no Madrid e dúas no Barcelona. A directiva do club catalán protestou esta decisión, mais o 23 de outubro asinou un comunicado no que renunciaba a tódolos dereitos sobre o xogador. Con todo, no medio destes sucesos, Di Stéfano chegou a xogar tres encontros amigables coa camisola do FC Barcelona. Finalmente a súa estrea co club madrileño tivo lugar o 23 de setembro de 1953 contra o Nancy francés, un encontro que rematou 4-2 a favor dos galos.

Aquí comeza unha etapa de grandes éxitos tanto para o club como para o xogador en particular. A nivel doméstico gañou oito ligas (1953-54, 1954-55, 1956-57, 1957-58, 1960-61, 1961-62, 1962-63, e 1963-64) e unha Copa do Rei de Fútbol en 1962. A nivel individual, foi pichichi (máximo anotador da liga) en cinco ocasións.

A nivel internacional non foron menos os éxitos que o acompañaron, xa que gañou cinco Copas de Europa consecutivas, amais de dous subcampionatos e unha Copa Intercontinental. Entre estas finais da Copa de Europa está a inesquecible vitoria por 7-3 ao Eintrach Frackfurt, con catro goles de Puskás e tres do propio Di Stéfano. Xunta estes dous estaban tamén na dianteira outros grandes xogadores coma Gento ou Raymond Kopa. O seu derradeiro encontro oficial co Real Madrid disputouno o 27 de maio de 1964, unha final da Copa de Europa que perderon contra o Inter de Milán por 3-1.

Retiro editar

Tralo seu periplo madridista xogou un par de tempadas para o RCD Espanyol, retirándose finalmente en 1966, nunha homenaxe no estadio Santiago Bernabéu onde disputaron un encontro o Real Madrid e o Celtic FC.

Seleccións nacionais editar

Di Stéfano chegou a xogar con tres seleccións, aínda que nunca puido disputar un mundial. A única vez que puido acudir á gran cita do fútbol foi en Chile 62, coa selección española. A pesar de que viaxou mancado ó país andino confiábase na súa recuperación, mais foron eliminados antes que puidese volver ós terreos de xogo.

En total xogou seis encontros coa selección arxentina, catro coa colombiana e trinta e un coa española, da cal foi o máximo goleador ata que racharon a súa marca en 1990.

Adestrador editar

Despois do seu retiro, dedicouse a adestrar, dirixindo a clubs coma o Elche, Boca Juniors, Valencia, Real Madrid, Sporting de Lisboa, Rayo Vallecano, Castellón e o River Plate.

Entre os seus logros acadados está un campionato co Boca Juniors, outro co River Plate, unha liga española e unha Recopa de Europa co Valencia e unha Supercopa de España co Real Madrid.

Como curiosidade, Di Stéfano ten declarado que el nunca se viu como un adestrador de fútbol, senón sinxelamente como un xogador retirado que se tivo que pór a adestrar porque "morría de fame".[Cómpre referencia]

Derradeiros anos editar

Alfredo Di Stéfano seguiu a vivir en España. O 5 de novembro de 2000 foi nomeado Presidente de Honra do Real Madrid, uns días despois recolleu, en nome da entidade, o trofeo ó Mellor club do século XX outorgado pola FIFA.

O 24 de decembro de 2005 sufriu un ataque ó corazón do que se repuxo en Valencia.

O 9 de maio de 2006 o Real Madrid inaugurou o estadio no que o seu filial vai disputa-los seus encontros e o club decide por unanimidade chamarlle estadio Alfredo Di Stéfano

No cinema editar

Ao longo da súa vida Alfredo Di Stéfano participou en varias películas, tanto na Arxentina coma en España. A súa primeira aparición foi en Con los mismos colores, unha película de orixe arxentina estreada o 20 de setembro de 1949. A película dirixiuna Carlos Torres Ríos e contaba con música orixinal de Astor Piazzolla. En España fixo varias películas máis, como actor ou interpretándose a si mesmo: Once pares de botas (1954), La saeta rubia (1956), La batalla del domingo (1963), Sinfonía española (1964), La técnica del fútbol (1970) e Real, la película (2005).

Estatísticas editar

Fútbol arxentino editar

Tempada Escuadra P. X. Goles
1945 River Plate 1 0
1946 Huracán 25 10
1947 River Plate 29 27
1948 River Plate 23 13
1949 River Plate 12 9

Fútbol colombiano editar

Tempada Escuadra P. X. Goles
1949 Millonarios 15 15
1950 Millonarios 29 23
1951 Millonarios 34 31
1952 Millonarios 24 22

Fútbol español editar

Liga Española editar

Tempada Escuadra P. X. Goles
1953-54 Real Madrid 28 28
1954-55 Real Madrid 30 25
1955-56 Real Madrid 30 24
1956-57 Real Madrid 30 31
1957-58 Real Madrid 30 19
1958-59 Real Madrid 28 23
1959-60 Real Madrid 23 12
1960-61 Real Madrid 23 21
1961-62 Real Madrid 23 10
1962-63 Real Madrid 13 12
1963-64 Real Madrid 24 11
1964-65 Español 24 7
1965-66 Español 23 4

Copa de Europa editar

Tempada Escuadra P. X. Goles
1955-56 Real Madrid 7 5
1956-57 Real Madrid 8 7
1957-58 Real Madrid 7 10
1958-59 Real Madrid 8 6
1959-60 Real Madrid 7 8
1960-61 Real Madrid 2 0
1961-62 Real Madrid 10 7
1962-63 Real Madrid 2 1
1963-64 Real Madrid 9 5

Seleccións nacionais editar

Anos Selección P. X. Goles
1947 Arxentina 6 6
1949 Colombia 4 0
1957 España 7 7
1958 España 4 1
1959 España 5 6
1960 España 8 6
1961 España 7 3

Títulos editar

Coma xogador editar

Campionatos nacionais editar

Copas internacionais editar

Coma adestrador editar

Distincións Individualis editar

  • Máximo goleador da Liga arxentina - 1: 1947.
  • Máximo goleador da Liga colombiana - 2: 1951 e 1952.
  • Máximo goleador da Liga española (Pichichi) - 5: 1954, 1956, 1957, 1958 e 1959.
  • Balón de Ouro - 2: 1957 e 1959.
  • Balón de Prata - 1: 1956
  • Medalla de Ouro ó Mérito Deportivo: 1966
  • Súper Balón de Ouro: 1989
  • Trofeo Mejor Futbolista de los 35 Años (Revista Don Balón): 1990
  • Medalla ó Mérito da FIFA: 1994
  • Medalla ó Mérito Deportivo (Concello de Madrid): 1996
  • Tambor de Ouro de San Sebastián: 1997
  • Salón da Fama da FIFA: 1998
  • Premio Marca Lenda: 1999
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Deportivo: 1999