Valdebebas é un desenvolvemento urbanístico da cidade de Madrid, situado entre os barrios de Timón (Barajas) e Valdefuentes (Hortaleza).

Vista aérea de Valdebebas en 2011.
Unha rúa de Valdebebas en 2013.

Está situado ao norte do Campo de las Naciones e ao leste de Sanchinarro, ocupando parte dos distritos madrileños de Barajas e Hortaleza. O seu territorio está delimitado ao leste pola autoestrada de peaxe M-12, ao norte pola autoestrada de peaxe Radial 2, ao oeste pola M-40 e ao sur coa autoestrada M-11.

Desde finais de 2013 o barrio está habitado. Os parques infantís están habilitados ao público desde setembro de 2014 e os primeiros negocios da zona empezaron a funcionar ese mesmo mes.

No seu ámbito, atópase o parque forestal de Valdebebas, aberto desde marzo de 2015 co nome de Parque Felipe VI, dunha extensión similar á Dehesa de la Villa, tras máis de catro anos de plantacións. Concibido como un bosque, reproduce os ecosistemas máis representativos do centro da Península Ibérica e constitúe un novo pulmón verde da cidade.

En Valdebebas atoparanse tamén a ampliación de Ifema, o proxecto da nova Cidade da Xustiza da Comunidade de Madrid, cuxo concurso de adxudicación está en marcha con previsión de inicio de obras en 2015, así como a Ciudad Real Madrid, as instalacións deportivas do Real Madrid Club de Fútbol.

Véxase tamén editar