Esquece Monelos
Esquece Monelos é unha película de xénero documental dirixida pola guionista Ángeles Huerta. O filme utiliza como metáfora o río de Monelos, na cidade da Coruña, para tratar o esquecemento dos lugares e as súas xentes debido ao crecemento urbanístico. A súa preestrea tivo lugar o 14 de decembro de 2016 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, esgotando todas as invitacións[1]. Chegou ás salas o día 20 de outubro de 2017, acadando máis de 1.500 espectadores segundo o Instituto de las Ciencias y de las Artes Audiovisuales[2]. Ademais, a obra proxectouse en diversos festivais e citas cinematográficas como o Play-Doc International Film Festival de Tui[3], converténdose no documental galego máis premiado do ano.
Esquece Monelos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Ángeles Huerta |
Produtor | Danga Danga Audiovisuais, SLNE |
Guión | Ángeles Huerta, Antón Núñez |
Música | Sergio Pena |
Son | Manuel Maneiro |
Fotografía | Jaime Pérez |
Montaxe | Sandra Sánchez |
Distribuidora | Danga Danga Audiovisuais, SLNE |
Estrea | 20 de outubro de 2017 |
Duración | 75 min. |
Orixe | España (Exp. ICCA: 62016) |
Xénero | Documental |
Recadación | 9.253,60 euros |
Na rede | |
![]() ![]() |
Argumento
editarO río Monelos é onde as lavandeiras de Oza lavaban a roupa ata a década de 1970. Estaba formado pola agrupación dos arroios de Eirís, Elviña, Castro, Ponte da Pedra, Martinete, Pastoriza, Morás e San Cristovo. Por razóns de salubridade, a comezos do século XIX ordenouse a desviación do río e dende 1965 iniciouse a súa canalización ata sepultalo baixo as rúas da cidade[4].
O río serve como fío condutor para facer un exercicio de memoria colectiva e individual sobre a expansión da cidade a través do testemuño dos seus habitantes. O resultado é un documental coral no que interveñen dende figuras políticas de finais do franquismo ata membros da comunidade xitana que tiveron que mudarse a outros barrios da cidade. Unha crónica sobre o desenvolvemento urbanístico que se pode extrapolar á historia recente de España.
Festivais e premios
editarAno | Categoría | Premio/Festival | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|---|
2017 | Mellor Documental | Premios Mestre Mateo 2016 | Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. | Gañador |
2017 | Mellor Dirección de Fotografía | Premios Mestre Mateo 2016 | Jaime Pérez | Gañador |
2017 | Mellor Montaxe | Premios Mestre Mateo 2016 | Sandra Sánchez | Gañador |
2017 | Mención Especial do Xurado | Documenta Madrid 2017 | Gañador | |
2017 | Exhibición | XIII Play-Doc International Film Festival Tui | ||
2018 | Mellor Documental | Premios Feroz | Finalista | |
2018 | Mellor Película | XXXII Edición dos Premios Goya | Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. | Candidatura |
2018 | Mellor Dirección Novel | XXXII Premios Goya | Ángeles Huerta González | Candidatura |
2018 | Mellor Guión Orixinal | XXXII Premios Goya | Ángeles Huerta González, Antón Núñez | Candidatura |
2018 | Mellor Dirección de Produción | XXXII Premios Goya | Marta Eiriz Gallego | Candidatura |
2018 | Mellor Dirección de Fotografía | XXXII Premios Goya | Jaime Pérez Fernández | Candidatura |
2018 | Mellor Montaxe | XXXII Premios Goya | Sandra Sánchez | Candidatura |
2018 | Mellor Son | XXXII Premios Goya | Manuel Maneiro | Candidatura |
2018 | Mellor Película Documental | XXXII Premios Goya | Danga Danga Audiovisuais, S.L.N.E. | Candidatura |
Notas
editar- ↑ "Esquece Monelos (Documental) na web do Concello de A Coruña". Consultado o 26/06/2019.
- ↑ "Esquece Monelos - Datos da película no Instituto de las Ciencias y las Artes Audiovisuales". Consultado o 26/06/2019.
- ↑ "Play-Doc Film International Documentary Festival". Arquivado dende o orixinal o 16/06/2023. Consultado o 26/06/2019.
- ↑ "El río canalizado de la ciudad de A Coruña que un día estuvo a la vista". El Ideal Gallego. Consultado o 26/06/2019.