Pyracantha coccinea

especie de planta
(Redirección desde «Espiño de fogo»)

Espiño de fogo

Pólas de Pyracantha coccinea con drupas pomos
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Pyracantha
Especie: P. coccinea
Nome binomial
'Pyracantha coccinea'
M.Roem.

Pyracantha coccinea M.Roem. é unha especie botánica da familia das Rosáceas, chamada en galego espiño coraleiro[1][2][3] (e, na zona oriental, espín coraleiro[4]). Alén deste nome, recibe tamén o de piracanto, cultismo usado para as plantas do xénero Pyracantha. É endémico do sueste de Europa, e da China centromeridional. O seu uso en Galiza é ornamental e resérvase á xardinaxe privada, para crear cerramentos e valados espiñentos, ou coma sebe nas autoestradas.

Descrición editar

Ten un aspecto moi semellante ao xénero Cotoneaster, co que se pode chegar a confundir, mais a maior diferenza é que no xénero Pyracantha as follas son dentadas e ademais son espiñentos.

Arbusto perenne ou semiperenne, resistente, de 1,5 a 2 m de altura, aínda que pode pasar dos 3 m. Toro de cor parda cinsenta, pólas espiñentas e intricadas. Follas coriáceas, pecioladas, dentadas, lanceoladas, alternas, brillantes pola face.

Florea na primavera; as flores son moi abundantes, abrancazadas ou amarelas claras miúdas e en acios, con cinco pétalos arredondados. Os froitos maduran dende a fin do verán até o outono; son miúdos e aseméllanse ás mazás bravas ou peros, avermellados, alaranxados ou amarelos; ficando nas pólas durante o outono e mais no inverno. Ten propiedades adstrinxentes e é alimento de numerosos paxaros; para o ser humano non é velenosa mais si algo agre, porén, pode ser cociñada para facer xeleas e marmeladas.

Abrangue dende o sur de Europa até Asia occidental. Cultívase en América do Norte e Europa occidental (incluíndo Galiza) como planta ornamental.

Taxonomía editar

Mespilus foi descrito por Max Joseph Roemer e publicado en Familiarum Naturalium Regni Vegetabilis Monographicae 3: 219–220. 1847.[5]

Variedades
  • Pyracantha coccinea var. implexa Lavallée
  • Pyracantha coccinea var. lalandei hort. ex Dippel
  • Pyracantha coccinea var. lalandei Lavallée[6]
Sinonimia
 
Flor do espiño de fogo
  • Cotoneaster pyracantha (L.) Spach
  • Crataegus pauciflora André
  • Crataegus pyracantha (L.) Medik.
  • Gymnopyrenium pyracantha (L.) Dulac
  • Mespilus pauciflora Poir.
  • Mespilus pyracantha L.
  • Pyracantha coccinea var. pauciflora (Poir.) Dippel
  • Pyracantha lucida de Vos
  • Pyracantha pauciflora (Poir.) M.Roem.
  • Pyracantha pyracantha (L.) Voss
  • Pyracantha spinosa de Vos
  • Pyracantha vulgaris Lothelier
  • Timbalia pyracantha (L.) Clos[6]
 
Variedades de espiños de fogo coas bagas de diferentes cores

Notas editar

  1. Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Madrid: Fundación Biodiversidad / Real Jardín Botánico (CSIC). http://anthos.es Arquivado 05 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
  2. Irmandades da Fala (1933). "Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala". A Coruña: Moret. (0). 
  3. Dantín Cereceda, Juan (1943). Catálogo metódico de las plantas cultivadas en España. Ministerio de Agricultura. 
  4. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2014). Contribución ao dicionario galego: o léxico do galego de Asturias. Tese de doutoramento. Vigo: Universidade de Vigo. 
  5. Pyracantha coccinea en Trópicos
  6. 6,0 6,1 [1]Pyracantha coccinea en Catalogue of life

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar