En zooloxía denomímase espermatofílax á parte do espermatóforo dos machos dos artrópodos, que contén gran cantidade de substancias nutritivas que queda fóra das vías xenitales da femia á espera de entrar no seu aparato reprodutor.[1]

Etimoloxía editar

Este neoloxísmo científico está formado polos elementos espermmato- e -fílax ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, -ματος spérma, -matos, "semente"', "seme" , e φύλαξ, -κος phýlax -kos, "gardián", unidos por un -o- epenético.[1]

Función editar

O epermatofílax é unha especie de bóla xelatinosa, abrancazada, comestíbel, que algúns insectos e arácnidos machos expulsan durante a cópula coas femias a través dos seus aparatos reprodutores, xunto cos espermatóforos, e que funciona como suplemento nutritivo para a femia.[2][3]

Por exemplo, os machos dos saltóns da familia dos tetigoníidos, ou dos "insectos folla" (familia dos fílidos), dan agasallos nupciais ás femias en forma dun espermatofílax, cuxa función é incrementar o tempo en que a femia permanece unida ao espermatóforo do macho e así o macho incrementa as súas posibilidades de paternidade.[2]

O espermatofílax excrétase durante a cópula coa femia, a través do órgano copulador, xunto co espermatóforo, ao que está pegado. As femias tómano do macho normalmente inmediatamente despois da copulación. Despois comen o espermatofílax, de 1 a 7 minutos despois de consumir completamente o espermatóforo. Porén, a transferencia completa dos espermatozoides require que o bulbo permaneza unido á femia durante polo menos 50 m, que é o tempo medio despois do cal as femias se libran do bulbo. (52,0 ± 2,2 minutos despois do apareamento). O alimento reprodutor ofrecido polo macho á femia tería, polo tanto, a función de disuadir á femia de que non retire o bulbo de seme antes de que se complete a transferencia do esperma.

Suponse que o espermatofílax mellora o éxito reprodutivo, á vez que ten unha función nutricional para a femia.[2][4] Os machos parasitados producen menos espermatofilax e, polo tanto, reducen o éxito reprodutivo. Non se demostrou que as femias prefiran os machos que producen máis espermatofílax, pero parece que existen conexións entre a calidade reprodutiva do macho e a cantidade de espermatofílax producida.[5].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 espermatofílax en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vahed, Karim (11988). "The function of nuptial feeding in insects: a review of empirical studies". Biol. Rev. 73: 43–78.  (Texto completo).
  3. Stalhandske, P. (2001): "Nuptial gift in the spider Pisaura mirabilis maintained by sexual selection". Behav. Ecol. 12: 691-697 (Resume). (Texto completo).
  4. Sakaluk S. K. (1984): "Male crickets Gryllodes supplicans feed females to ensure complete sperm transfer". Science 223: 609–610.
  5. Simmons, L. W.; L. Beesley, P. Lindhjem, D. Newbound, J. Norris & A. Wayne (1999): "Nuptial feeding by male bushcrickets: an indicator of male quality?". Behav. Ecol. 10: 263-269. (Resume)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alexander, R. D, & Otte, D. (1967): "The evolution of genitalia and mating behavior in crickets (Gryllidae) and other Orthoptera". Misc. Publ. Mus. Zool. Univ. Mich. 133: 1–61.
  • Kerr, A. M.; S. N. Gershman & S. K. Sakaluk (2010): "Experimentally induced spermatophore production and immune responses reveal a trade-off in crickets". Behav. Ecol. 21: 647-654. (Resume), (Texto completo).
  • Sakaluk, S. K.; M. T. H. Campbell, A. P. Clark, J. C. Johnson & P. A. Keorpes (2004): "Hemolymph loss during nuptial feeding constrains male mating success in sagebrush crickets". Behav. Ecol. 15: 845-849. (Resume9, 8Texto completo).
  • Warwick, S.; K. Vahed, D. Raubenheimer & S. J Simpson (2009): "Free amino acids as phagostimulants in cricket nuptial gifts: support for the 'Candymaker' hypothesis". ' Biol. Lett. 5, pp.194-6

Outros artigos editar