Whangarei é a cidade mais ó norte de Nova Zelandia, e a capital da rexión de Northland. En 2010 tiña unha poboación estimada de 51.900 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaWhangarei
Imaxe

Localización
Mapa
 35°43′30″S 174°19′25″L / -35.725, 174.3236Coordenadas: 35°43′30″S 174°19′25″L / -35.725, 174.3236
Reinos da CommonwealthNova Zelandia
RexiónRexión de Northland
Distrito (pt) TraducirWhangarei District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación52.600 (2018) Editar o valor em Wikidata (921,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie57,06 km² Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0110 e 0112 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+12 (pt) Traducir
UTC+13 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico09 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O capitán James Cook foi o primeiro explorador europeo que divisou a entrada do actual porto de Whangarei en 1769. A comezos do século XIX a rexión viviu varias loitas entre grupos indíxenas de maorís. Os primeiros colonos que fixeron desta zona o seu fogar a partir de 1839 foron comerciantes escoceses. En 1845 comezou unha serie de guerras entre os grupos maorís da zona e o exército británico que fixo que a maioría dos colonos marchasen da súas granxas para non volver nunca. A partir de 1855 naceu unha pequena localidade a partir do comercio dunha resina fósil chamada Kauri, semellante ó copal. Ese asentamento creceu cos anos, axudado polo comercio de carbón, pedra calcaria, ladrillos etc. A finais do século XIX Whangarei xa era a localidade mais grande e importante da rexión de Northland. Nos comezos do século XX os recursos naturais da zona desapareceron pouco a pouco, pero a economía resistiu grazas á agricultura e á produción de leite. O ferrocarril chegou a Whangarei en 1925. Ata entón o principal medio de transporte da cidade eran os barcos que chegaban e saían do seu porto. Ó longo da primeira metade do século XX Whangarei converteuse no centro dos servizos da rexión de Northland, e xa na segunda metade do século, instalouse unha refinaría de petróleo, desenvolveuse unha importante industria madeireira, e o porto converteuse nun porto de contedores que lle dá servizo á cidade de Auckland.

Clima editar

O clima da cidade é subtropical, con poucas xeadas, moitas choivas, e temperaturas suaves no verán.

Deporte editar

Como ocorre en toda Nova Zelandia, o rugby é o deporte mais importante en Whangarei. O equipo Northland Rugby Union compite cada ano na ITM Cup, e disputa os seus encontros no estadio Okara Park. Este estadio acollerá varios encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que organiza Nova Zelandia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar