Voo 981 de Flydubai

O voo 981 de Flydubai foi un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov, operado por Flydubai, aeroliña de baixo custo dos Emiratos Árabes Unidos. O día 19 de marzo de 2016 o avión que realizaba a ruta, un Boeing 737, esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, cando este se atopaba na súa segunda tentativa de aterraxe, tras un primeiro intento abortado.

Voo 981 de Flydubai
A6-FDN, o avión accidentado
nunha imaxe de 2013.
Resumo
Data  19 de marzo de 2016
Causa  Esnafrado durante a aterraxe.
Lugar  Rostov do Don,
Rusia
Coordenadas  Coordenadas: 47°15′55″N 39°49′44″L / 47.265194444444, 39.828833333333
Orixe  Aeroporto Internacional de Dubai
Destino  Aeroporto de Rostov
Finados  62 (todos)
Feridos  0
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737
Operador  Flydubai
Rexistro  A6-FDN
Pasaxeiros  55
Tripulación  7
Superviventes  0

No momento en que a aeronave chegou a Rostov do Don as condicións meteorolóxicas non eran óptimas, e o avión estivo máis de dúas horas no aire agardando a aterrar, segundo os relatorios preliminares. O avión non se esnafrou no momento de aterrar, senón cando se atopaba dando outro xiro de espera[1]. O impacto aconteceu arredor das 3:40, hora local, e non deixou sobreviventes.

Avión editar

O aparello accidentado era un Boeing 737-8KN de cinco anos de idade, con rexistro A6-FDN[2] e número de serie 40241, equipado con dous motores CFM International CFM56.[3] O seu primeiro voo fora o 21 de decembro de 2010, e entregouse a Flydubai o 24 de xaneiro de 2011.[3] O avión pasara unha revisión de mantemento de tipo C o 21 de xaneiro de 2016, dous meses antes do sinistro.[4]

O voo 981 levaba combustible suficiente para 8,5 horas de voo e no momento do accidente levaba voadas 6 horas dende a engalaxe en Dubai.[5]

Notas editar

  1. Euronews. (ed.). "El avión que se estrelló en el sur de Rusia no estaba intentando aterrizar.". Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  2. "Aircraft accident investigation". mak-iac.org. Consultado o 2021-11-25. 
  3. 3,0 3,1 "FlyDubai A6-FDN (Boeing 737 NG / Max - MSN 40241)". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25. 
  4. CNN, Matthew Chance, Susannah Cullinane and Greg Botelho. "Flydubai plane crashes in Russia; 62 dead". CNN. Consultado o 2021-11-25. 
  5. "Crash: Flydubai B738 at Rostov on Don on Mar 19th 2016, lost height on go around after stabilizer moved nose down following holding for 2 hours". avherald.com. Consultado o 2021-11-25. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar