Viño do País Vasco

Os viños do País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko ardoak) esténdense, historicamente, polo País Vasco francés (ou Iparralde) e polo País Vasco español (ou Hegoalde). Ámbalas dúas posúen unha longa tradición vinícola, o cal se traduce nunha gran cantidade de denominacións de orixe e de características específicas en cada territorio.

Mapa dos viños do País Vasco:
    A D.O. Navarra :      Behe Erribera ou
Ribeira Baixa
     Goi Erribera ou
Ribeira Alta
     Lizarraldea ou
Terra Estella
     Izarbeibarra ou
Valdizarbe
     Behe Mendialdea
ou Baixa Montaña
    Viños da Rioxa :      A D.O.C. Rioxa
Iroulegi :       Irulegiko Arnoa
O Chacolí :      De Áraba      De Biscaia      De Getaria

Inicialmente foron os bitúrigos viviscos os que plantaron viñas na rexión entre a desembocadura de Xironda e os estribos pirenaicos. A abundancia de viñas salvaxes nos vales de Cantabria, do País Vasco ou do Bearne permitiulles escoller variedades específicas, coñecidas como pirenaico-atlánticas, e esta viticultura autóctona, excepcional en Europa occidental, non se debe á colonización romana.

Durante a Idade Media, as rutas de peregrinación cara a Santiago de Compostela, que converxían nesta zona, obrigaron aos monxes da abadía de Roncesvales, que xestionaban a hospedaxe dos peregrinos, a desenvolver os seus viñedos no priorado dende Irouléguy a Hondarribia. Daquela xa existían variedades próximas ás variedades actuais. É esta antiga variedade de uva, mesmo despois de certos cambios, a que aínda está presente nos viñedos do País Vasco, nas variedades Irouléguy, Rioxa, Txakoli e Navarra.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar