Tren de levitación magnética

O tren de levitación magnética, tamén coñecido como maglev (derivado do inglés magnetic levitation) é un tren que funciona con levitación magnética, caracterizada pola ausencia de contacto entre os vehículos e a vía por mor da utilización dun gran número de imáns para sustentarse. Este método é máis rápido, silencioso e suave ca os sistemas de transporte convencionais.

Proba do SCMaglev na Prefectura de Yamanashi 
Transrapid 09 nunha proba en Alemaña 

Existen dúas liñas comerciais de tren maglev que prestan servizo regular en 2015. O Sanghai Maglev, que é asemade o tren comercial máis rápido, cunha velocidade máxima de 430 km/h, e que conecta o Aeroporto Internacional de Sanghai Pudong con Pudong percorrendo a distancia de 30.5 quilómetros en 8 minutos[1] e que comezou a operar en abril de 2004

En marzo de 2005, o Xapón comezou a operar a liña, de relativamente baixa velocidade,  HSST "Linimo"  na Expo Mundial de 2005, nos primeiros tres meses a liña transportou 10 millóns de pasaxeiros. Tanto Corea do Sur como a República Popular da China están a construír as súas propias liñas maglev de baixa velocidade,

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. MICHAEL, GEBICKI (27 November 2014). "What's the world's fastest passenger train". Stuff.co.nz. Consultado o 24 December 2014.