Pudong
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Pudong, oficialmente coñecido como Nova Área de Pudong (浦東新区, pinyin: Pǔdōng Xīn Qū) é un distrito da cidade de Shanghai na República Popular da China. Dende o comezo do seu desenvolvemento urbanístico na década dos 90, erixiuse como un importante centro financeiro e comercial na China. É a sede, entre outros do Shanghai Stock Exchange, o maior mercado de valores do país asiático e conta cun panorama urbano que inclúe algúns dos edificios máis sobranceiros de Asia como a Oriental Pearl Tower, o Jin Mao Tower e o Shanghai World Financial Center, símbolos do desenvolvemento económico chinés da actualidade.
