Teorema de Bolzano-Weierstrass

Na análise real, o teorema de Bolzano–Weierstrass é un importante teorema que caracteriza os conxuntos secuencialmente compactos.

Enunciado editar

Na análise real, o teorema de Bolzano-Weierstrass é un resultado fundamental referente á converxencia nun espazo euclidiano dimensionalmente finito Rn. O teorema establece que cada sucesión limitada en Rn ten unha subsucesión converxente. Unha formulación equivalente é que un subconxunto de Rn é secuencialmente compacto se e só se é pechado e limitado.

Demostración editar

En primeiro lugar, aplicando o método de indución matemática, demostraremos o teorema cando n = 1, nese caso faremos uso da orde de R . De feito dá o seguinte resultado.

Lema: Cada sucesión { xn } en R ten unha subsucesión monótona.

Demostración: nomeando un número enteiro positivo n un "pico da secuencia", se m> n implica xn > xm ,  é dicir, se xn é maior que todos os termos seguintes da sucesión. Supoñamos primeiro que a sucesión ten infinitos picos, n1 < n2 < n3 < … < nj < … Entón a subsucesión  correspondente aos picos é monotonamente decrecente, co que a lema queda probado. . Así que supoñendo agora que só hai un número finito de picos, sexa N o último pico e n1 = N + 1 . Entón n1 non é un pico, xa que n1 > N, o que implica a existencia dun n2 > n1 con     Unha vez máis, n2 > N non é un pico, por tanto hai n3 >n2 con    Repetir este proceso conduce a unha subsucesión infinita non decrecente,  

Agora supoñendos que temos unha sucesión limitada en R, polo Lema existe unha subsucesión monótona, necesariamente limitada. Pero séguese do teorema de converxencia monótona que esta subsucesión debe converxer, co que remata a proba

Por último, o caso xeral pode ser facilmente reducido ao caso de n = 1 como segue: dada unha secuencia limitada en Rn, a sucesión das primeiras coordenadas é unha sucesión real limitada, por tanto ten unha subsucesión converxente. A continuación, pode extraerse unha subsubsucesión converxente das segundas coordenadas, e así sucesivamente, ata que ao final pasamos da sucesión orixinal n subsucesións - que vén sendo unha subsucesión da sucesión orixinal - na que cada coordenada converxe , por tanto, a propia subsucesión é converxente.

Compacidade secuencial en espazos euclidianos editar

Supoñamos que A é un subconxunto de Rn coa propiedade de que toda sucesión en A ten unha subsucesión converxente a un elemento de A. Entón, A debe ser limitado, pois pola contra existen caso contrario existiría unha sucesión xm en A con   || xm || ≥ m para todos os m, e logo cada subsucesión é ilimitada e polo tanto non converxente. Por outra banda A debe ser pechado, xa que para cada punto na fronteira de A pódese construír unha sucesión en A converxente a x. Así, os subcoxjuntos A, de Rn, para que os que cada sucesión en A ten unha subsucesión converxente a un elemento de A –  é dicir, os subconxuntos secuencialmente compacto na topoloxía do subespazo –  son precisamente os conxuntos pechados e limitados. Esta forma do teorema fai especialmente clara a analoxía co Teorema de Heine-Borel, que afirma que un subconxunto de Rn é compacto se e só se é pechado e limitado. De feito, a topoloxía xeral dinos que un espazo é compacto metrizable se e só se é secuencialmente compacto, de modo que o teorema de Bolzano-Weierstrass e o de Heine-Borel son esencialmente o mesmo resultado.

Historia editar

O teorema de Bolzano-Weierstrass leva o nome de matemáticos Bernard Bolzano e Karl Weierstrass. En realidade, foi demostrado por primeira vez por Bolzano en 1817 como un lema na demostración do teorema de valor intermedio. Uns cincuenta anos máis tarde, o resultado foi identificado como significativo por dereito propio, e demostrado unha vez máis por Weierstrass. Desde entón converteuse nun teorema fundamental da análise.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Fitzpatrick, Patrick M. (2006) Advanced Calculus (2nd ed.). Belmont, CA: Thompson Brooks/Cole. ISBN 0-534-37603-7.
  • Hazewinkel, Michiel, ed. (2001), «Bolzano-Weierstrass theorem», Encyclopaedia of Mathematics (en inglés), Springer, ISBN 978-1556080104
  • Weisstein, Eric W. «Bolzano-Weierstrass Theorem». En Weisstein, Eric W, ed. MathWorld (en inglés). Wolfram Research.