Pseudacris regilla

Pseudacris regilla
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Xénero: Pseudacris
Especie: Pseudacris regilla
(Baird & Girard, 1852)
Sinonimia

Hyla regilla Baird and Girard, 1852

Pseudacris regilla é unha especie de ra hílida que vive na costa oeste de Norteamérica (desde o norte de California, Oregón e Washington) á Columbia Británica e extremo sur de Alasca.[2] Vive desde o nivel do mar ata máis de 3000 m de altura en moitos tipos de hábitats, reproducíndose en lugares acuáticos. Ten cor verde ou marrón e un individuo pode cambiar de cor en períodos de horas ou semanas. En 2007, foi nomeada anfibio oficial do estado de Washington.[3]

O macho atrae as parellas facendo un canto coral que é un dos cantos de ras máis sonoros da súa área. Emiten varios tipos de chamadas:[4] a chamada de anuncio dos machos, unha chamada de encontro e a “chamada de terra seca”, que pode oírse todo o ano excepto durante os períodos máis fríos e secos. Os machos chaman ás femias tan alto como lles é posible e producen un son que parece producido por múltiples machos, que poden oír numerosas femias. Unha vez que a femia se aproxima, o macho para de cantar e intenta o amplexo. Os machos teñen un dedo extra moi pequeno nos seus polgares externos que usan exclusivamente no amplexo. A reprodución ten lugar de noite, preto de augas pouco fondas, xeralmente despois dunha chuvia. A estación reprodutora normalmente abrangue desde decembro a maio, aínda que hai algunhas variacións. A altitude adoita afectar á duración da estación reprodutora.[5]

Taxonomía editar

O nomeamento desta ra tivo unha historia bastante confusa. Primeiro, foi movida desde o xénero Hyla, onde inicialmente fora clasificada, ao xénero Pseudacris en 1986.[2] Despois, en 2006, Recuero et al. dividiron as poboacións (que irían desde Alasca ao sur de Baixa California) en tres especies.[6] Recuero et al. vinvularon o nome Pseudacris regilla coas poboación do compoñente xeograficamente central da especie, mentres que chamaron Pseudacris hypochondriaca ao compoñente sur (Baixa California), e Pseudacris pacifica ao compoñente norte. Porén, se se acepta esta división, o nome correcto (é dicir, o nome máis antigo dispoñible) para o compoñente norte é Pseudacris regilla e para o central é Pseudacris sierra. Esta revisión segue sendo controvertida.[7] Na obra The Amphibian Species of the World 6.0 recoñécese a división, pero nela úsase o nome Pseudacris regilla para o compoñente norte,[2] e foi esta a definición que se seguiu neste artigo.

 
Morfo verde na Columbia Británica
 
Morfo de cor verde
 
Morfo de cor mesturada
 
Morfo de cor marrón
 
Morfo verde.

Notas editar

  1. Geoffrey Hammerson; Georgina Santos-Barrera (2004). "Pseudacris regilla". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2004: e.T55897A11376273. doi:10.2305/IUCN.UK.2004.RLTS.T55897A11376273.en. Consultado o 6 January 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Frost, Darrel R. (2014). "Pseudacris regilla (Baird and Girard, 1852)". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. American Museum of Natural History. Consultado o 3 September 2014. 
  3. Symbols of Washington State
  4. Hallock, L.A. & McAllister, K.R. (February 2005). "Pacific Treefrog". Washington State Department of Natural Resources. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016. Consultado o 11 January 2013. 
  5. Schaub, D. L., and J. H. Larsen, Jr. 1978. The reproductive ecology of the Pacific treefrog (Hyla regilla). Herpetologica 34(4); 409-416.
  6. Recuero, Ernesto; Martínez-Solano, Íñigo; Parra-Olea, Gabriela; García-París, Mario (2006). "Phylogeography of Pseudacris regilla (Anura: Hylidae) in western North America, with a proposal for a new taxonomic rearrangement" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (2): 293–304. PMID 16627190. doi:10.1016/j.ympev.2005.10.011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2006. Consultado o 07 de maio de 2019. 
  7. Dodd, C. K., Jr. 2013. Frogs of the United States and Canada. Volume 1. xxxi + 460.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar