Primeira batalla de Ypres

Primeira batalla de Ypres, parte da carreira cara ao mar
Conflito: primeira guerra mundial
Data: Do 19 de outubro ao 22 de novembro de 1914
Lugar: Ypres, Bélxica
Resultado: Vitoria decisiva aliada
Combatentes
Francia
Bélxica
India británica
Imperio Británico
Imperio Alemán
Comandantes
Ferdinand Foch
John French
Erich von Falkenhayn
Forzas
Francia: IX, XVI, XX, XXXII Corpos, I e II Corpo de Cabalería
Exército británico: I, II, III, IV Corpos, Corpo de Cabalería, Corpo Indio
IV e VI Exército alemán
Baixas
Entre 50.000 e 80.000 mortos, feridos e desaparecidos.
7.960 mortos, 29.562 feridos e 17.873 desaparecidos.
21.562 entre mortos, feridos e desaparecidos.
19.530 mortos, 83.520 feridos e 31.265 desaparecidos.

A primeira batalla de Ypres ou primeira batalla de Flandres foi unha batalla da primeira guerra mundial acontecida entre o 19 de outubro e finais de novembro. Non se sabe que día concreto rematou. Para Francia foi o 13 de novembro, para o Imperio Británico o 22 e para o Imperio Alemán o 30. Xunto coa batalla de Yser, a batalla de Ypres marca a fin da carreira cara ao mar.

A primeira batalla de Ypres inclúe:

A batalla editar

O Corpo Expedicionario Británico ao mando de John French foi destinado en outubro de 1914 á Bélxica co obxectivo de reforzar as tropas que desembarcaran eses días nas costas belgas. Dirixiuse cara a cidade belga de Ypres. Nos días anteriores tivera lugar a batalla de Yser, onde os belgas abriran as esclusas dos ríos para curtar ou polo menos frear o avance alemán. Cando as tropas do Imperio Alemán chegaron a Ypres, observaron as fortes defensas británicas. Varios foxos rodeaban a cidade, que sería bombardeada intensamente por artillaría e aviación. Os efectivos xermanos destinados aquí eran maioritariamente mozos pouco experimentados, que se alistaran en agosto co inicio da guerra. En cambio, os británicos eran soldados máis adestrados e mesmo moitos deles xa participaran nas guerras bóer en Suráfrica. As baixas alemás foron moi cuantiosas pero aínda así debilitaron as posicións británicas.

Resultados editar

As tropas aliadas sufriron severos danos pero puideron frear a ofensiva alemá.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar