Porno for Pyros (álbum)

Porno for Pyros é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Porno for Pyros, publicado o 27 de abril de 1993 a través do selo Warner Bros. Records. O guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro e o baixista Eric Avery, loitando contra problemas de abuso de drogas, deixaran a banda en 1991 nun intento de rehabilitarse, aínda que a outra metade do grupo continuou crenado música. Os outros dous membros de Jane's Addiction, Perry Farrell e Stephen Perkins, uníronse ao guitarrista Peter DiStefano e ao futuro baixista de Jane's Addiction Martyn LeNoble, e continuaron tocando baixo o nome da nova banda Porno for Pyros.[1] O nome do grupo (e do álbum) é unha referencia aos disturbios dos Ánxeles de 1992, que son mencionados nas cancións do disco como tema recorrente.

Porno for Pyros
Álbum de Porno for Pyros
Publicado27 de abril de 1993
Gravaciónverán de 1992
Duración39:17
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porPerry Farrell, Matt Hyde
Cronoloxía
- Porno for Pyros Good God's Urge
(1996)

O álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos pola RIAA e tiña o sinxelo número 1 na lista Modern Rock "Pets".

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Porno for Pyros (Perry Farrell, Stephen Perkins, Peter DiStefano e Martyn LeNoble). 

N.º Título Duración
1. "Sadness"   2:33
2. "Porno for Pyros"   3:06
3. "Meija"   3:13
4. "Cursed Female"   3:24
5. "Cursed Male"   3:50
6. "Pets"   3:36
7. "Bad Shit"   2:58
8. "Packin' .25"   4:08
9. "Black Girlfriend"   4:33
10. "Blood Rag"   3:29
11. "Orgasm"   4:27
39:17

Notas editar

  1. "Porno for Pyros | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-04-22.