Os rapanui son unha etnia habitante da illa de Pascua. A denominación de rapanui fíxose posteriormente extensiva para nomear tanto ó pobo aborixe como ó seu idioma (rapanui) e á illa que habitan.

Pobo rapanui
Danza tradicional do pobo rapanui
Poboación
Poboación total:
9 399 (2017)[1]
Rexións principais:
Illa de Pascua9 399
Aspectos culturais
LinguaLingua rapanui
Grupos
relacionados
Oparoan, Tahitianos

Descrición editar

 
Moais.

O pobo rapanui descende dos primeiros poboadores procedentes da Polinesia.

A sociedade rapanui, era gobernada polo ariki, con ascendencia atribuída directamente dos deuses; e estaba dividida en tribos e con clases moi estratificadas. Cada tribo ocupaba unha zona, sempre con franxa costeira. A maior parte da poboación vivía cara ao interior, xunto ás áreas de cultivo. No litoral estabeleron centros relixiosos, políticos e cerimoniais (Anakena, Akahanga) e adoraban os antergos case deificados representados polos moais.

Estímase que a poboación de Rapa Nui, sufriu unha crise de superpoboación nos séculos XVII e XVIII, o que tería provocado guerras entre as tribos, coa conseguinte destrución dos lugares cerimoniais e o abandono das canteiras nas que tallaban os moai. Os nativos comezaron a vivir en covas e deberon padecer a escaseza de alimentos. Xorde un novo cerimonial: o do Tangata Manu (home-paxaro).

O primeiro contacto dos rapanui con algún occidental tivo lugar o 5 de abril de 1722, cando o navegante neerlandés Jacob Roggeween chegou á illa.

Censo do 2002 editar

 
Bandeira (en rapanui "Reimiro") dos rapanui.

A poboación da Illa de Pascua no censo realizado no 2002 era de 3.791.[2] O 60% eran rapanui, a poboación chilena e a procedente de Europa era do 39%, e o restante 1% eran amerindios de Chile.

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estadísticas, Santiago de Chile (ed.). "Síntesis de Resultados Censo 2017" (PDF). p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  2. Primeiros datos do Censo. Estrellavalpo.cl (2002-06-11). Consultado o 6 de novembro de 2010.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar