Os missouria ou missouri (na súa propia lingua niúachi ou niutachi) son un pobo indíxena orixinario da rexión dos Grandes Lagos antes do contacto cos europeos.[2] A tribo pertence á póla chiwere das linguas síux xunto cos pobos iowa e otoe.

Pobo missouria
Representación dun missouri (esquerda) xunto a un otoe (centro) e un ponca (dereita), por Karl Bodmer.
Poboación
Poboación total:
1 393[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosOklahoma
Aspectos culturais
LinguaLingua chiwere e inglés
RelixiónCristianismo e igrexa nativo americana
Grupos
relacionados
Otoe, iowa, ponca e ho-chunk

Historicamente, a tribo vivía en grupos preto da boca do Gran Río e a súa confluencia co río Missouri. Dende a deportación masiva dos indios, viven principalmente en Oklahoma. Están recoñecidos federalmente como a Tribo de Indios Otoe-Missouria, con base en Red Rock, Oklahoma.

Notas editar

  1. Oklahoma Indian Affairs. Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. Arquivado 11 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  2. May, John D. "Otoe-Missouria" Oklahoma Historical Society's Encyclopedia of Oklahoma History & Culture. 2009 (5 de febreiro de 2015)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar