O prezo do poder

filme de 1983 dirixido por Brian De Palma

O prezo do poder (en inglés: Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone[3], un remake do filme do filme Scarface de 1932[4]. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.

O prezo do poder
Ficha técnica
Título orixinalScarface
DirectorBrian De Palma
ProdutorMartin Bergman
GuiónOliver Stone
IntérpretesAl Pacino
Steven Bauer
Michelle Pfeiffer
Mary Elizabeth Mastrantonio
Robert Loggia
F. Murray Abraham
MúsicaGiorgio Moroder
FotografíaJohn A. Alonzo
MontaxeJerry Greenberg
David Ray
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1 de decembro de 1983 (Nova York)
9 de decembro de 1983 (Estados Unidos)
Duración170 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento25.000.000 de dólares[1]
Recadación65.900.000 dólares[2]
Na rede
https://www.uphe.com/movies/scarface-1983
IMDB: tt0086250 Filmaffinity: 188896 Allocine: 900 Rottentomatoes: m/scarface Mojo: scarface Allmovie: v43082 TCM: 414137 Metacritic: movie/scarface TV.com: movies/scarface-1983 Netlix: 60029681Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

 
Graffiti coa imaxe Al Pacino caracterizado como Tony Montana

En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.

Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony séntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.

Elenco editar

 
Michelle Pfeiffer era unha actriz descoñecida cando rodou Scarface, e tanto Al Pacino como o director Brian De Palma, inicialmente, estaban en contra da súa escolla como protagonista.

Produción editar

Desenvolvemento editar

 
Oliver Stone (1987) escribiu o guión para Scarface mentres loitaba contra a súa adicción á cocaína.

Scarface comezou a desenvolverse despois de Al Pacino ver o filme Scarface (1932) nos Ánxeles. Chamou ao seu produtor Martin Bregman, e informoulle que cría que un remake da película podería ter éxito[5]. Pacino orixinalmente quería manter o período histórico da trama, pero entendía que por mor da súa natureza melodramática sería difícil de realizar. Sidney Lumet foi ao primeiro que contactaron coa idea de dirixir o filme, desenvolvendo a idea de Montana, un cubano acabado de chegar aos Estados Unidos no éxodo do Mariela[5].

As diferenzas creativas entre Bregman e mais Lumet fixeron que este último deixase o proxecto. Lumet quería facer un historia máis política, centrada en culpar de favorecer o fluxo de cocaína á administración presidencial da época, e Bregman discordaba[6]. Bregman substituíuno por Brian De Palma e contratou o escritor Oliver Stone para escribir o guión, este concebiuno mentres loitaba contra a súa propia adicción á cocaína[7]. Stone e Bregman realizaron a súa propia investigación, viaxando a Miami, onde tiveron acceso aos rexistros da oficina do fiscal e unidade contra o crime da policía[6]. Stone trasladouse a París para escribir o guión, na crenza que non podería desngancharse mentres estivese no país, logrando deixar a droga [7].

O elenco editar

Pacino insistiu en facer o papel principal, o de Tony Montana, aínda que tamén llo ofreceran a Robert De Niro pero non aceptou [5]. Pacino traballou con expertos en loita con coitelo, adestradores físicos e co boxeador Roberto Durán para lograr o tipo de corpo que quería para o papel. Durán tamén axudou na inspiración do personaxe, que tiña "un certo león dentro", segundo Pacino. O personaxe de Sophie que realizou Meryl Streep en Sophie's Choice (1982) tamén influenciou o personaxe. Bauer e un experto en dialectoloxía axudárono na aprendizaxe do español cubano e da súa pronuncia[8].

Pfeiffer era unha actriz descoñecida daquela e tanto Pacino como De Palma argumentaron contra da súa elección pero Bregman defendeuna[5]. Glenn Close era a opción orixinal para o papel, aínda que tamén se consideraron outras alternativas como Geena Davis, Carrie Fisher, Kelly McGillis, Sharon Stone e Sigourney Weaver[9].

Bauer logrou o seu papel sen audición. Durante o proceso de selección o director de repartición Alixe Gordin viu a Bauer e inmediatamente se deu de conta que era o indicado para o papel de Manny, un xuízo co que concordaron De Palma e Bregman. Foi o único cubano real entre os actores principais. Mais así a todo tamén se considerou a John Travolta para o papel[5].

Rodaxe editar

 
Mansión El Fureidis en Montecito, preto de Santa Bárbara

Mentres ensaiaba para un tiroteo Al Pacino mancouse e estivo fóra da rodaxe durante dúas semanas. A escena do tiroteo inclúe un plano rodado por Steven Spielberg, de visita durante a rodaxe. Mentres se realizaba o filme algúns cubano-estadounidenses obxectaron que a súa comunidade aparecía retratada como criminais e interpretados por actores non cubano-americanos. Para contrarrestar esta situación, a película presenta unha declaración nos créditos afirmando que os personaxes da película non representaban á comunidade cubano-estadounidense.

Non obstante o filme estar ambientado en Miami, a rodaxe realizouse na súa maior parte nos Ánxeles, ao negar a Miami Tourist Board os permisos para rodar na cidade por pensar que podería afectar o turismo por canto se retrataba a cidade como un paraíso das drogas e das bandas. A gran mansión de Tony gravouse en El Fureidis, de estilo romano situada en Montecito (California).

A rodaxe durou 24 semanas, do 22 de novembro de 1982 ao 6 de maio de 1983.[10][11] Ken Pepiot e Stan Parks realizaron os efectos especiais.[12]

Cualificación editar

Scarface recibiu[13] a cualificación X en Norteamérica tres veces por extrema violencia, linguaxe ofensiva (emprégase ao longo do filme fuck (carallo) 207 veces[14]) e uso de drogas duras. Esa cualificación, asociada coa pornografía limitaba o número de cinemas onde se exhibiría, e restrinxía a publicidade promocional, o que potencialmente podía prexudicar a recadación. A causa da cualificación era unha das escenas iniciais, onde se desmembraba a Angel. De Palma editou a escena e volveulle enviar a película á Motion Picture Association of America (MPAA) mais outra volta recibiu o X. Recurtou máis esa escena sen éxito. Universal optou por apelar a decisión da MPAA e finalmente a cualificación mudouse á menos restritiva cualificación R [15].

Recepción editar

Ao primeiro o filme tivo críticas negativas[5], e houbo controversias sobre a violencia e a linguaxe sexualmente explícita do filme[16]. The New York Magazine definiuna como unha película de serie B baleira, fachendosa e excesiva[17]. Houbo na época críticas positivas como a de Roger Ebert que lle deu catro estrelas de catro e máis tarde engadiuna á súa lista de grandes películas.[18] A crítica contemporánea é radicalmente diferente na súa interpretación, así Rotten Tomatoes dálle un 83% baseado en 65 críticas [19] e en Metacritic logra unha puntuación de 65/100.

Recadación editar

A estrea comercial do filme en Norteamérica foi o 9 de decembro de 1983, na súa primeira fin de semena de exhibición logrou 4.500.000 de dólares en 996 cines, unha media de 4616 dólares por cine, o segundo filme desa fin de semana por tras de Sudden Impact (9.600.000). Recadou 45.400.000 en Norteamérica e 20.400.000 noutros mercados, converténdose no 16º filme dese ano por recadación e o sétimo da cualificación R.[2]

Notas editar

  1. "Scarface (1983) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 27 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Scarface (1983) (1983)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de decembro de 2013. 
  3. "Scareface (1983)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  4. "Scareface (1932)". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Miller, Julie (24 de agosto de 2011). "Al Pacino Did Not Want Michelle Pfeiffer For Scarface and 8 Other Revelations About the Gangster Classic". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 Priggé, Steven (2004). Movie Moguls Speak: Interviews with Top Film Producers Jefferson, N.C.: McFarland & Company, p. 121
  7. 7,0 7,1 Chapman, Matt (24 de agosto de 2011). "Al Pacino and the cast and crew talk Scarface". Total Film. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  8. Lawrence Grobel (2008) Al Pacino Lawrence Grobel. Simon and Schuster, p. 87
  9. "15 Things You (Probably) Didn't Know About Scarface". ShortList. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  10. Daily Variety Magazine; 26 de novembro de 1982, p. 8
  11. Daily Variety Magazine, 12 de maio de 1983, p. 10
  12. "7 Crazy Things You Never Knew About Scarface". Ifc.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  13. "Movie 'Scarface' Receives X Rating", New York Times, 30 de outubro de 1983
  14. "Freeze Frame: Scarface". Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2007. Consultado o 27 de abril de 2010. 
  15. Ken Tucker (2008) Scarface Nation: The Ultimate Gangster Movie and How It Changed America St. Martin's Press
  16. Emmis Communications (1984). Texas Monthly. Emmis Communications. pp. 136–. ISSN 0148-7736. 
  17. New York Media, LLC (19 de decembro de 1983). New York Magazine. New York Media, LLC. pp. 70–. ISSN 0028-7369. 
  18. Roger Ebert (9 de decembro de 1983). "Review of Scarface". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  19. "Scarface". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2011.