Nou Estadi de Palamós

Coordenadas: 41°51′13″N 3°07′17″L / 41.853484, 3.12138

O Nou Estadi de Palamós é un campo de fútbol da vila de Palamós, na provincia de Xirona, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 1989, e posúe unha capacidade para 5.824 espectadores. Atópase situado na rúa Narcís Pagès i Prats. O seu equipo local é o Palamós Club de Futbol.

Nou Estadi de Palamós
O estadio durante un partido do Palamós en 2008
Datos
LocalizaciónNarcís Pagès i Prats, 2, 17230;
Palamós, Xirona Cataluña
España España
Construción
Inauguración1989
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 65
Capacidade5.824 espectadores
PropietarioConcello de Llagostera
LocalíaPalamós CF
UE Llagostera[1]

Dende a tempada 2014/15 tamén xoga no estadio a Unió Esportiva Llagostera. A imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran,[2] o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós.[1] Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Marca (ed.). "O Llagostera xogará en Palamós". 
  2. Diari de Girona, ed. (5 de xullo de 2014). "Montilivi, só para o Girona". 
  3. Ribas, Ramon (7 de xullo de 2014). Diari de Girona, ed. "O Llagostera xogará en Palamós". Consultado o 7 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar