Minas de Varilongo

explotación mineira en Varilongo, Santa Comba

Coordenadas: 43°05′38″N 8°49′13″O / 43.093854, -8.820252

As minas de Varilongo é un conxunto de explotacións mineiras situadas en Varilongo (Santa Sabiña, Santa Comba)

Entrada ao xacemento central.
Foto da mina na década de 1950.

Historia editar

As minas de Varilongo comezaron a explotarse en 1914, coa extracción de ferro e cuarzo. En 1941 comezou a extraerse volframio, e durante a segunda guerra mundial as minas pasaron a estar xestionadas polas autoridades alemás. En 1943 o párroco de Cances (Carballo) e os Abelenda de Carballo denunciaron a situación laboral á Xefatura de Minas. José Parga Moure mercou a explotación e despois asociouse co grupo Fierros de Madrid, que pasou a dirixir a mina co 51 % do capital. Durante esta época existiu, en paralelo, o contrabando de volframio.

Entre 1967 e 1981 o cadro de traballadores reduciuse de 1700 a 115. A Compañía Mineira Santa Comba era dirixida por José Barrera Mosteiro. En 1974 o Grupo Fierros mercou a Parga a súa parte por 18 millóns de pesetas, e a sociedade pasou a chamarse Grupo Minero de Santa Comba, explotándose así ata o ano 1980.En 1981 a empresa foi vendida ao Banco Nacional de París, e posteriormente a Coparex Minera. A inxección de capital francés permitiu pasar dunha explotación case artesanal a unha renovación tecnolóxica avanzada con importantes niveis de mecanización.

Na década de 1980 acadou o seu pico de produción, chegando a ser a maior de Europa. En 1984 acadáronse 250 000 toneladas de concentrado de volframio e case 20 000 toneladas de estaño. Porén, a mina pechou en 1985 pola baixada do prezo do volframio.

En 2016 a escritora Carmen Blanco Ramos publicou a obra O volframio en Varilongo.Santa Comba de Xallas (1941-1963)[1].

Notas editar

  1. "A obra "O volframio en Varilongo" narra a historia das minas en Santa Comba" Arquivado 27 de novembro de 2018 en Wayback Machine., reportaxe no programa A Revista Fin de Semana, 30 de abril de 2016.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar