Miguel Muñoz

futbolista español

Miguel Muñoz Mozún, nado en Madrid o 19 de xaneiro de 1922 e finado na mesma cidade o 16 de xullo de 1990, foi un futbolista e adestrador de fútbol, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Infotaula de personaMiguel Muñoz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 1990 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1943-1944 Club Deportivo Logroñés
1944-1946 Real Racing Club de Santander
1946-1948 Real Club Celta de Vigo 36(1)
1948-1958 Real Madrid Club de Fútbol 223(23) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1949-1949   España 1(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Real Madrid Club de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 61653 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como xogador editar

Comezou a xogar nos primeiros anos da posguerra en varios equipos de Madrid, como a Ferroviaria, o Girod ou o Imperio. En 1943 tarde xoga no CD Logroñés mentres facía o servizo militar pero o equipo descende a Terceira División e ao rematar a tempada ficha polo Racing de Santander

En 1946 ficha polo Celta de Vigo, onde militou dúas tempadas nas que chegou a disputar a final da Copa do Xeneralísimo, pese a marcar un gol na final o equipo perdeu ante o Sevilla FC por 4-1.

En 1948 foi traspasado ao Real Madrid, xunto á outra estrela do equipo Pahiño. Permanece no club madrileño dez tempadas, marcando o primeiro gol do equipo en competición europea e participando na conquista das tres primeiras Copas de Europa do club amais doutros títulos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en sete ocasións, debutando o 20 de xuño de 1948 ante Suíza.

Retirouse no Real Madrid no ano 1958.

Como adestrador editar

Un ano despois da súa retirada asumiu o cargo de adestrador do Real Madrid, gañando ese mesmo ano a Copa de Europa e converténdose así no primeiro en gañala como xogador e adestrador.

Dirixiu ao Real Madrid durante 13 anos, nun total de 601 encontros de Liga, gañando 9 veces o campionato ligueiro, dúas a Copa do Xeneralísimo, dúas a Copa de Europa e 1 Copa Intercontinental.

Tras deixar ao equipo madrileño dirixiu ao UD Las Palmas, co que chegou á final da Copa en 1978, encontro que perdeu ante o FC Barcelona por 3-1.

Adestrador da Selección de fútbol

Tralo Mundial de Fútbol España 1982 foi nomeado adestrador da Selección de fútbol de España dirixíndoa ata 1988. Nestes anos clasificou ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Francia 1984 no famoso encontro contra Malta, no que tiña que gañar por unha diferenza de 11 goles e que rematou cun 12-1. Finalmente España sería subcampioa da Eurocopa por detrás da anfitrioa, Francia.

Tamén dirixiu o equipo no Mundial de Fútbol no que alcanzou os cuartos de final, sendo eliminada por Bélxica.

O último torneo que dirixiu Miguel Muñoz foi a Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988, na que quedou eliminada na fase de grupos.

É o adestrador que máis encontros dirixiu ao Real Madrid e o terceiro adestrador con máis encontros dirixidos en Liga, so por superado por Luís Aragonés e Javier Irureta, e o que máis títulos de Liga gañou, 9.

Palmarés editar

Como xogador editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Pequena Copa do Mundo de Clubs Real Madrid España 1952
Liga Real Madrid España 1954
Liga Real Madrid España 1955
Copa Latina Real Madrid España 1955
Copa de Europa Real Madrid España 1956
Pequena Copa do Mundo de Clubs Real Madrid España 1956
Liga Real Madrid España 1957
Copa de Europa Real Madrid España 1957
Copa Latina Real Madrid España 1957
Liga Real Madrid España 1958
Copa de Europa Real Madrid España 1958

Como adestrador editar

Título Club País Ano
Copa de Europa Real Madrid España 1960
Copa Intercontinental Real Madrid España 1960
Liga Real Madrid España 1961
Liga Real Madrid España 1962
Copa do Xeneralísimo Real Madrid España 1962
Liga Real Madrid España 1963
Liga Real Madrid España 1964
Liga Real Madrid España 1965
Copa de Europa Real Madrid España 1966
Liga Real Madrid España 1967
Liga Real Madrid España 1968
Liga Real Madrid España 1969
Copa do Xeneralísimo Real Madrid España 1970
Liga Real Madrid España 1972