Miguel II
Miguel II, chamado Psello, "O tatexo" ou "O Amoriano", nado no ano 770 e finado no 829, reinou como emperador bizantino de 820 a 829.
Nome orixinal | (el) Μιχαήλ Β' ο Τραυλός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 770 (Gregoriano) Amorium (pt) |
Morte | 2 de outubro de 829 (58/59 anos) Constantinopla |
Emperador bizantino | |
25 de decembro de 820 – 2 de outubro de 829 ← León V o Armenio – Teófilo → | |
Protostrator (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | líder militar |
Período de tempo | Idade Media |
Familia | |
Familia | Amorian dynasty (en) |
Cónxuxe | Tecla Eufrósine |
Fillos | Teófilo () Tecla (pt) |
Traxectoria editar
Nacido en Amorio en Frixia, comezou a súa carreira como soldado, pero grazas ao seu talento chegou a ascender ata o xeneralato.
Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como León V o Armenio (813), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastía amoriana.
O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono (822-824); a conquista de Creta polos árabes en 823, e o comezo dos ataques musulmáns contra Sicilia (827).
Malia as súas simpatías iconoclastas, logrou conciliarse cos iconódulos (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con Eufrosine, filla de Constantino VI, que fora ordenada monxa anteriormente.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel II |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León V o Armenio |
Miguel II | Precede a: Teófilo |
Dinastía Amoriana |