Chámase maxílula a cada un dos membros do primeiro par de maxilas dos crustáceos.[1][2]

Esquema dun malacostráceo. No céfalon, móstranse (en cor rosa) as mandíbulas, as maxílulas e as maxilas.

Son cada un dos dous cuartos apéndices cefálicos dos crustáceos, situados no somito maxilar, birrámeos, provistos no lado interno de varias láminas mastigadoras e forma de follas flexíbeis.[3]

Etimoloxía editar

O termo maxílula é unha adaptación do latín científico maxilla, coa adición do sufixo diminutivo -ula. Literalmente: 'maxila pequena'.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 maxillula no Merriam-Webster Dictionary.
  2. maxillula no Collins English Dictionary.
  3. maxílula (Arthopoda:Crustacea), en Garrido, Carlos (1997).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar