Manuel Almunia Rivero

futbolista español

Manuel Almunia Rivero, nado en Pamplona o 19 de maio de 1977, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de gardameta.

Manuel Almunia
Almunia xogando no West Ham en 2011
Información persoal
Nome Manuel Almunia Rivero
Nacemento 19 de maio de 1977
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,92 m
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
CD Oberena
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1999 Osasuna B 46 (0)
1999–2000 Osasuna 0 (0)
1999–2000Cartagonova (cedido) 3 (0)
2000–2001 Sabadell 29 (0)
2001–2004 Celta de Vigo 0 (0)
2001–2002Eibar (cedido) 35 (0)
2002–2003Recreativo (cedido) 2 (0)
2003–2004Albacete (cedido) 24 (0)
2004–2012 Arsenal 109 (0)
2011West Ham (cedido) 4 (0)
2012–2014 Watford 76 (0)
Total 328 (0)
Na rede
UEFA: 95820 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse no CD Oberena da cidade navarra, que esta vinculado coma filial co Osasuna. Na tempada 1998/99 pasa a ser o porteiro titular do Osasuna Promesas. Ao ano seguinte pasa a ter contrato co primeiro equipo pero sairía cedido, primeiro ao Cartagena FC e ao CE Sabadell FC ao ano seguinte.

Tras o seu bo papel no Sabadell ficha polo Celta de Vigo no verán de 2001 ao rematar o seu contrato co Osasuna. Porén nunca chegaría a debutar co equipo vigués xa que foi cedido durante os tres anos que militou no equipo. Primeiro ao SD Eibar de Segunda División, onde gaña o Trofeo Zamora da categoría, e despois ao Recreativo de Huelva e Albacete Balompié de Primeira. Neste último equipo desbancaría da titularidade a todo un mito como o arxentino Roa.

Esta traxectoria ascendente fixo que no verán de 2004 volvese a Vigo pero só para asinar o seu traspaso ao Arsenal F.C. Inglés por un prezo de 6 millóns de euros.

Na Premier League editar

No equipo dirixido por Arsène Wenger comezou como segundo porteiro, por detrás do alemán Jens Lehmann, disputando so os encontros da Copa da Liga e a FA Cup. O ano seguinte seguiu nas mesmas condicións pero chegou a disputar parte da final da Copa de Europa ao ser expulsado Lehmann ante o FC Barcelona, Almunia acabaría encaixando os dous goles que lle darían a vitoria ao equipo catalán.

Na tempada 2007/08 finalmente faise coa titularidade no campionato ligueiro, abríndose o debate incluso da conveniencia de que fose convocado coa Selección de fútbol de Inglaterra tras a súa nacionalización[1]. Defendeu a portería gunner coma titular indiscutíbel ata 2010 cando comezou a perder peso a causa do bo momento do gardameta polaco Wojciech Szczęsny.

O 30 de setembro de 2011 foi cedido ao West Ham United durante dous meses a causa da lesión do porteiro titular do equipo. Tras a súa volta ao Arsenal en outubro dese mesmo ano non volvería disputar ningún encontro co equipo de Arsène Wenger, e rescindiría o seu contrato ao rematar a tempada[2].

Tras quedar libre fichou polo Watford F.C. no verán de 2012, onde renovou contrato ata 2014[3].

Notas editar