O tigré[1] (ትግራይት tigrayit, tamén coñecida como xasa no Sudán) é unha lingua afroasiática pertencente á póla semítica da familia. É falada pola etnia tigré do Corno de África. Pertence ás linguas etiópicas setentrionais, e xunto co tigriña é unha das linguas vivas máis achegadas á lingua ge'ez, que aínda é empregada como lingua litúrxica pola Igrexa etíope tewahedo e a Igrexa eritrea tewahedo. No ano 1997, o tigré era falado por 800 000 membros do pobo tigré en Eritrea.[2] Os tigré habitan principalmente no oeste de Eritrea, malia que tamén residen nas terras altas do norte do país e nas rexións adxacentes do Sudán.

Tigré
ትግራይት
Outros nomes:Tigrayit
Falado en: Eritrea
Rexións: África oriental
Total de falantes: 1 050 000 (2006)
Familia: Afroasiática
 Semítica
  Meridional
   Semíticas etiópicas
    Semíticas etiópicas setentrionais
     Tigré
Escrita: Escrita ge'ez
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: tig
ISO 639-3: tig
Mapa
Status

Notas editar

  1. Definición de tigré no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Eritrean census figure cited by Ethnologue.". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Camperio, Manfredo. Manuale Pratico della Lingua Tigrè, Hoepli, Milán, 1936.
  • Voigt, Rainer (2008), "Zum Tigre", in: Aethiopica (International Journal of Ethiopian and Eritrean Studies), volume 11, Wiesbaden: Harrasowitz Verlag 2008, pp. 173–193.
  • Beaton, A.C. & A. Paul (1954). A grammar and vocabulary of the Tigre language (as spoken by the Beni Amer). Khartoum: Publications Bureau.
  • Elias, David L. (2005). Tigre of Habab: Short Grammar and Texts from the Rigbat People. Ph.D dissertation. Harvard University.
  • Elias, David L. (2014). The Tigre Language of Gindaˁ, Eritrea. Brill.
  • Leslau, Wolf. (1945) Short Grammar of Tigré. Publications of the American Oriental Society, Offprint Series, No. 18. New Haven: American Oriental Society.