A lingua ingria[2] (ižoran keel) é unha lingua urálica case extinta falada polos ingrios de Ingria. Ten arredor de 120 falantes, a maioría dos cales de avanzada idade. Non debe ser confundida cos dialectos meridionais da lingua finesa que se converteron na lingua maioritaria de Ingria no século XVII, por mor do influxo de emigrantes fineses luteranos. A inmigración de fineses luteranos foi promovida polas autoridades suecas (que conquistaron a área a Rusia en 1617), xa que a poboación local era (e segue a ser) ortodoxa.

Ingrio
ižoran keel
Falado en: Rusia
Rexións: Ingria
Total de falantes: 120 (censo de 2010)
Familia: Urálica
 Fino-báltica
  Oriental
   Ingrio
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: izh
Mapa
Status

O ingrio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de finoúgrio no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Paul Ariste 1981. Keelekontaktid. Tallinn: Valgus. [pt. 2.6. Kolme läänemere keele hääbumine lk. 76 – 82] (en estoniano)