Lev Vigotski
Lev Semenovich Vigotski (en cirílico Лев Семенович Выготский) nado o 17 de novembro de 1896 en Orsha e finado o 11 de xuño de 1934, foi un psicólogo soviético estudoso da psicoloxía do desenvolvemento e fundador da psicoloxía histórico-cultural.
Contribucións editar
Unha das máis grandes contribucións de Lev Vigotski á psicoloxía é a concepción que tiña do ser humano. Vigotski consideraba que os homes e mulleres son seres eminentemente sociais, até o punto de afirmar que o seu desenvolvemento lévase a cabo primeiramente na esfera social que os rodea, e logo interiorízase.
O coñecemento, así como calquera outra dimensión psicolóxica da persoa (linguaxe, razoamento etc.) son produtos sociais que a persoa desenvolve en sociedade e que vai interiorizando a medida que crece.
Obra editar
- A imaxinación e a expresión artística na infancia*[1]
Notas editar
- ↑ Ficha Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. do libro na web de Kalandraka.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |