Juan Vicente Herrera

político español

Juan Vicente Herrera Campo, nado en Burgos o 23 de xaneiro de 1956, é un avogado e político español, presidente da Xunta de Castela e León, procurador nas Cortes de Castela e León do grupo parlamentario popular pola provincia de Burgos desde a IV lexislatura.

Infotaula de personaJuan Vicente Herrera
Nome orixinal(es) Juan Vicente Herrera Campo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Presidente da Xunta de Castela e León
Período16 de marzo de 2001[1] – 
AntecesorJuan José Lucas
  Presidente do Partido Popular de Castela e León
Período5 de outubro de 2002 – 
AntecesorJuan José Lucas
  Procurador das Cortes de Castela e León
Período26 de maio de 1995 – 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra - licenciatura en Dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogado, procurador, político
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou dereito na Universidade de Navarra e actualmente está colexiado como avogado en Burgos e Madrid. Foi secretario xeral da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Castela e León desde o ano 1992 ata o remate da III Lexislatura e voceiro do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes de Castela e León desde o ano 1995 ata febreiro de 2001. Ao ser o presidente da Xunta, Juan José Lucas, nomeado ministro da Presidencia Juan Vicente Herrera pasou a ser o máximo responsable do goberno rexional e presidente do Partido Popular rexional desde outubro de 2002. En 2003 o seu partido gañou por maioría absoluta as eleccións autonómicas, presetándoo a el como candidato a presidir o goberno, encabezando a lista da provincia de Burgos. Nas eleccións de 2007 o seu partido revalidou a maioría absoluta na cámara rexional con igual número de escanos ca nas eleccións de 2003. Nas eleccións de 2011 o PP aumentou tanto o número de votos como de procuradores.

Cargos políticos desempeñados editar

  • Presidente do PP de Burgos (1993-2001).
  • Procurador pola provincia de Burgos nas Cortes de Castela e León (1995-actualidade).
  • Voceiro do PP nas Cortes de Castela e León (1995-2011).
  • Presidente da Xunta de Castela e León (desde 2001).
  • Secretario xeral dol PP de Castela e León (2001-2002).
  • Presidente do PP de Castela e León (desde 2002).

Notas editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
José María Álvarez de Eulate
 
Presidente do PP de Burgos

1993-2001
Sucesor:
César Rico
Predecesor:
Javier León de la Riva
 
Voceiro do Grupo Popular nas
Cortes de Castela e León

1995-2001
Sucesor:
Francisco Vázquez
Predecesor:
Juan José Lucas
 
Presidente da Xunta de Castela e León

2001-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Jesús Merino
 
Secretario xeral del PP de Castela e León

2001-2002
Sucesor:
Alfonso Fernández Mañueco
Predecesor:
Juan José Lucas
 
Presidente do PP de Castela e León

2002-actualidade
Sucesor:
No cargo