José Atarés Martínez
José Atarés Martínez, nado en El Vallecillo (Teruel) o 2 de agosto de 1960 e finado o 26 de setembro de 2013, foi un político de Aragón.
Nome orixinal | (es) José Atarés | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de agosto de 1960 El Vallecillo, España | ||||||||||||||||||||||
Morte | 26 de setembro de 2013 (53 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Cancro colorrectal | ||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||
Alcalde de Zaragoza | |||||||||||||||||||||||
Período | 8 de abril de 2000 – 14 de xuño de 2003 | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Luisa Fernanda Rudi | ||||||||||||||||||||||
Sucesor | Juan Alberto Belloch Julbe | ||||||||||||||||||||||
Senador nas Cortes Xerais de España | |||||||||||||||||||||||
Período | 14 de marzo de 2004 – | ||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||
Educación | Facultade de Dereito da Universidade de Zaragoza | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Madrid | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | político , avogado | ||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Popular | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza, é avogado, mediador de seguros e axente da propiedade inmobiliaria.
Foi presidente provincial do Partido Popular de Zaragoza desde 1993 até 2004, entre outros cargos no Comité Executivo Rexional (secretario de Organización). Actualmente é membro da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, e dos seus comités en Aragón e Zaragoza.
- Cargos públicos
- Concelleiro e portavoz do PP no Concello de Zaragoza (1991-1995).
- Tenente de alcalde do Concello de Zaragoza (Economía e Facenda, e Réxime Interior) e portavoz do PP (1995-1999 e 1999-2000).
- Alcalde de Zaragoza (2000-2003).
- Concelleiro (2003-2007) e portavoz (2003-2005) do PP no Concello de Zaragoza,
- Deputado e portavoz do PP da Deputación Provincial de Zaragoza (1991-1995 e 1995-1999).
- Senador pola provincia de Zaragoza desde 2004.
Predecesor: Luisa Fernanda Rudi Ubeda |
Alcalde de Zaragoza 2000-2003 |
Sucesor: Juan Alberto Belloch Julbe |