Johannes Diderik van der Waals

físico neerlandés

Johannes Diderik van der Waals, nados en Leiden, Países Baixos, o 23 de novembro de 1837 e finado en Ámsterdan, Países Baixos, o 8 de marzo de 1923, foi un físico holandés, especialista en Termodinámica. Premio Nobel de Física en 1910.

Infotaula de personaJohannes van der Waals Premio Nobel

Johannes Diderik van der Waals
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1837
Leiden, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1923 (85 anos)
Países Baixos Ámsterdam, Países Baixos
Lugar de sepulturaAmsterdam New Eastern Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPaíses Baixos
País de nacionalidadeNeerlandés
EducaciónUniversidade de Leiden
Director de tesePieter Rijke Editar o valor em Wikidata
Coñecido porForzas de van der Waals
Ecuación de van der Waals
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e física
Ocupaciónfísico , matemático , físico teórico , catedrático , químico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ámsterdam, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Faculty of Mathematics and Physics (en) Traducir (1877–1908) , profesor emérito Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoDiederik Korteweg
Gustav de Vries
Familia
CónxuxeAnna Magdalena Smit (1847–1881), morte do cónxuxe
FillosJacqueline E. van der Waals, Johannes Diderik van der Waals jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física en 1910

WikiTree: Van_der_Waals-1 Find a Grave: 104128962 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun carpinteiro, Johannes Diderik cursou a carreira de mestre de escola e exerceu como tal. Anos despois, dispensado da acreditación en linguas clásicas, estudou na Universidade da súa cidade natal (1862-1865), licenciándose en Matemáticas e Física. Doutorase en Física en 1873. Foi profesor na Universidade de Ámsterdam entre 1877 e 1908. Investigou os estados líquido e gasoso da materia. Van der Waals observou que a ecuación de estado dos gases perfectos ou ideais (PV = nRT) supón que as moléculas dun gas non ocupan espazo e máis que non se atraen mutuamente. Mentres, nos gases reais isto non se compre. Para dar conta desta anomalía, van der Waals introduciu correctores e dúas constantes, aplicabeles segundo o gas. Esta reformulación sería denominada ecuación de van der Waals.

Así mesmo hai as forzas de van der Waals, denominación aplicada as forzas de atracción intermoleculares dos gases reais.

Johannes van der Waals recibiu o Premio Nobel de Física en 1910 "polos seus traballos sobre o estado de gases e líquidos".