Javián Antón

cantante español

Francisco Javier Antón Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 18 de setembro de 1974 e máis coñecido como Javián, é un cantante e enxeñeiro técnico industrial español que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.

Infotaula de personaJavián Antón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Dos Hermanas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJavián Antón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de outubro de 2001Operación Triunfo 2001 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1130067 Twitter: JaviAn_Oficial Musicbrainz: ed9b999c-5b21-438c-806b-8168fd3592d9 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2004. En 2007 participou no reality Supervivientes. Realizou estudos de enxeñería técnica industrial electrónica. Participou en varios musicais e actualmente atópase no grupo La Década Prodigiosa, no que volveu coincidir con Mireia, excompañeira de OT e Fórmula Abierta.

En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 excompañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.

Discografía editar

Fórmula Abierta editar

  • Aún hay más (2002)
  • La verdad (2003)
  • Fórmula 04 (2004)

Sinxelos:

  • "Te quiero más" (2002)
  • "Mi cruz, mi fe" (2002)
  • "Dile sí al amor" (2002)
  • "Hello my friends" (2003)
  • "Ya llegó el carnaval" (2004)
  • "Qué calor" (2004)
  • "Salsa para vivir" (2005)

En solitario editar

  • No somos héroes (2016)

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.