Isabel a Católica ditando o seu testamento

pintura de Eduardo Rosales

Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento é posiblemente o cadro máis coñecido do pintor purista español Eduardo Rosales. Data do ano 1864, está executado ó óleo sobre lenzo e mide 400 centímetros de ancho por 290 cm de alto. Pertence ó Museo do Prado de Madrid, onde chegou tras ser adquirido polo Estado en 1865, para o Museo Nacional (Museo da Trindade), pero tras a disolución deste en 1872 pasou, xunto co resto dos seus fondos, ó Prado. Tras ser traspasado ó Museo de Arte Moderna (MAM), reincorporouse ó Prado en 1971 ó recibir as obras do século XIX que posuía o MAM tras a súa disolución. Está exposto ó público na sala 61B.

Isabel a Católica ditando o seu testamento
ArtistaEduardo Rosales
Data1864
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións290 cm × 400 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Esta pintura de historia representa o momento no que a raíña Isabel dita o seu testamento.[1] Enmarcado dentro da pintura de historia academicista do período romántico, o certo é que é dun estilo máis realista que obras precedentes de Rosales. Investiu nela ano e medio de traballo e presentouna á Exposición Universal de París de 1867. Despois volveu a Roma, onde lle chegou un telegrama dos seus amigos, o paisaxista Martín Rico e Raimundo de Madrazo, dándolle a nova do éxito acadado polo seu cadro: primeira medalla de ouro para estranxeiros. Concedéronlle a Lexión de honra.

Como recoñecemento simbólico da súa relevancia, cabe dicir que foi a primeira obra que se colgou, en presenza do Ministro de Cultura, o director do Museo e o presidente do Real Padroado, da exposición Mestres modernos. As coleccións do século XIX do Museo do Prado, coa que en 2007 se inaugurou a ampliación de Moneo.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar