Igrexa de Irlanda

A Igrexa de Irlanda é unha provincia autónoma da Comuñón anglicana. Ten xurisdición sobre a totalidade da illa de Irlanda, e é a segunda crenza en número de fieis por detrás do catolicismo. Como outras igrexas anglicanas, mantén elementos anteriores á reforma protestante, en particular o goberno episcopal. Porén, en materia teolóxica e litúrxica, incorpora moitos dos principios da reforma inglesa. A igrexa considérase ao mesmo tempo "católica e reformada", como a maioría de igrexas anglicanas, é acolle tanto membros máis próximos ao catolicismo (coñecidos como high church) como outros máis achegados ao protestantismo (low church ou evanxélicos). Na República é a segunda tradición relixiosa, e a terceira en Irlanda do Norte.

Igrexa de Irlanda
Church of Ireland
Eaglais na hÉireann
Kirk o Airlann
Historia
Fundación1536
MotivoO parlamento irlandés declara a Henrique VIII cabeza suprema da Igrexa.
Separada deIgrexa católica
EscisiónsIgrexa de Irlanda (Rito Tradicional) (parte da TAC), Igrexa metodista en Irlanda
Parte deComuñón anglicana
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal