Hannes Alfvén
Hannes Olof Gösta Alfvén , nado en Norrköping en 1908 e finado en Djursholm en 1995, foi un astrofísico sueco. Premio Nobel de Física en 1970, compartido con Louis Neel.
Traxectoria editar
En 1934 ensina física na Universidade de Uppsala e no Instituto Nobel de Física. Nomeado profesor de teoría electromagnética no Instituto Real de Tecnoloxía de Estocolmo 1940 e catedrático de electrónica en 1945. En 1967, despois de pasar algún tempo na Unión Soviética, instálase nos Estados Unidos, traballando nos departamentos de electrónica magnética de dúas universidades californianas.
Foi un dos fundadores da magnetohidrodinámica, descubriu as Ondas de Alfvén, ondas transversais xeradas nun plasma situado dentro dun campo magnético.